Site icon Crónica3.com A Mariña

Excelente participacion de Brais Diaz Salas no Campionato de España por autonomías

Ribadeo, 10 de outubro, 2021. O atleta ribadense, pertencente á Escuela atlética lucense, participou esta fin de semana no Campionato de España de atletismo Sub16 por autonomías celebrado en Cuenca. Brais formou parte da selección galega na disciplina de lanzamento de peso, posto que nesta temporada se proclamou campión tanto en pista cuberta como aire libre, ademáis de ocupar a primeira praza no ranking da especialidade neste ano.

A quenda de Brais foi na tarde do sábado, onde partía como 10º no ranking dos participantes, pero grazas a facer unha gran competición, acadaría un moi meritorio 7º posto, igualado co 6º, cun mellor rexistro de 13,75 m. Os seus respectivos lanzamentos foron 12,85-13,75-13,08-12,28 co que establecía unha mellor marca persoal superando a anterior en máis de 1 m.

A selección galega masculina acadou a 7ª posición, mentres que a feminina quedou na 5ª

Exit mobile version