Site icon Crónica3.com A Mariña

A Subela entregou á concelleira de servizos sociais de Foz produtos para o banco local de alimentos recadados nun festival infantil

Foz, 23 de maio de 2022. A agrupación A Subela entregou á concelleira de Servizos Sociais, Ana Rojo, produtos para o Banco Local de Alimentos de Foz que foron recadados nun festival infantil celebrado recentemente.

Ana Rojo explica que “esta iniciativa solidaria levada a cabo pola agrupación A Subela, de Foz, co Banco Local de Alimentos tiña a finalidade de recadar a maior cantidade de produtos alimenticios, coa colaboración de todo o público asistente na Sala Bahía, de Foz, durante a celebración do XII Festival Infantil da Subela. A intencionalidade deste evento era a de colaborar desinteresadamente co noso Concello e así poder achegar estes produtos ás familias máis vulnerables. A entrada era totalmente gratuíta, o único requisito que se pedía era que o público aportara alimentos e así quedaba exonerado do pago da entrada o espectáculo. A participación foi alta e a agrupación A Subela fixo entrega de todos os alimentos recadados á Concellería de Servizos Sociais e Familia para a súa posterior distribución entre os usuarios do banco”.

A edil agradece “de maneira especial á agrupación A Subela tan encomiable xesto” e destaca que “este tipo de actos solidarios poñen en valor unha vez máis a solidariedade dos veciños e veciñas do noso pobo coas persoas en situación de precariedade. Moitas grazas ós integrantes da agrupación A Subela!”.

Exit mobile version