Site icon Crónica3.com A Mariña

A UMAR desprazarase o vindeiro martes ao centro de saúde de Burela para reclamar un servizo de saúde mental digno

A Plataforma Sanitaria fara reclamacións colectivas demandando sustitucións d@s psiquiatras ausentes e a dotación de persoal.

A Mariña, 17 de xuño de 2022. A Plataforma Sanitaria anuncia que o vindeiro martes 21 de xuño desplazará a súa Unidade Móbil de Axuda coas Reclamacións ( UMAR) ao centro de saúde de Burela. Nesta ocasión o colectivo fará reclamacións colectivas demandando a cobertura d@s psiquiatras que están ausentes pos diversos motivos, como primeira medida para dar solución á situación de emerxencia asistencial na que se atopa o servizo de saúde mental. A cobertura destes profesionais permitiría poñer a andar a segunda consulta de psiquiatría , baleira nistes momentos e restablecer ao psiquiatra que atendía a unidade de continuidade de coidados e que leva así máis de un ano.

A maiores desta demanda urxente e que precisa dunha solución inmediata, precisamos máis psicólogos clínic@s, o que daría un pulo á psicoterapia e lograría reducir considerablemente a sobremedicación. Desde o colectivo, a súa coordinadora Montse Porteiro indica “a psicóloga clínica que se vai contratar pode que alivie algo a situación máis seguimos a estar en inferioridade respecto ás ratios avaladas polas sociedades científicas, respecto aos profesionais do Estado e moi por debaixo da media europea”.

A mesa de reclamacións colocarase no centro de saúde de Burela o martes 21 de 11 a 13 horas.

O dispositivo móbil colocarase diante do centro de saúde de Burela o vindeiro martes 21 de xuño, no seu horario habitual, de 11 a 13 horas. Desde a Plataforma Sanitaria da Mariña animamos a todas as veciñas e veciños a que se acheguen ata a UMAR e fagan efectiva a súa reclamación, pois é un servizo esencial que está moi menoscabado, que atende a unha poboación moi fraxil. “Estamos a falar de que máiss de cincocentas persoas están sen unha cita” -conclúen @s activistas.

Exit mobile version