O dispositivo estará diante do Centro de Saúde de Burela o martes 4 de outubro de 11 a 13 horas A Mariña, 2 de outubro de 2022. A Plataforma sanitaria da Mariña desplazará o seu dispositivo... Ler máis
A situación é alarmante, pois nun concello de máis de catro mil habitantes e con previsions de doblar a poboación, so dispoñen de dúas médicas. O pobo de Cervo manifestou deste xeito a súa d... Ler máis
A UMAR redactará reclamacións demandando médic@ de familia todos os días en Cervo e cobertura das vacantes de San Cibrao A Mariña 9 de xullo de 2022. A Unidade Móbil de Axuda coas Reclamació... Ler máis
A poboación de Burela e @s profesionais do centro de saúde coincidiron co colectivo en confirmar que esta é unha situación de emerxencia, con máis de cincocentas persoas sen cita. A resposta... Ler máis
A Plataforma Sanitaria fara reclamacións colectivas demandando sustitucións d@s psiquiatras ausentes e a dotación de persoal. A Mariña, 17 de xuño de 2022. A Plataforma Sanitaria anuncia que... Ler máis
Por segundo mes consecutivo a Umar celebrada na entrada principal do Hospital da Mariña contou cunha numerosa asistencia de persoas que decidiron achegarse para que lles redactasen e rexistr... Ler máis
A Mariña, 4 de xuño, 2022. A Plataforma Sanitaria da Mariña anuncia que a Unidade Móbil de Axuda coas Reclamacións (UMAR) desprazarase novamente ata a entrada principal do Hospital da Mariña... Ler máis
A Mariña, 19 de maio de 2022. O dispositivo móbil da Plataforma Sanitaria desplazouse hoxe ao Centro de Saúde de Ourol para reclamar a cobertura do único facultativo ,que está de baixa. O Se... Ler máis
A Mariña 16 de maio de 2022. A Plataforma Sanitaria da Mariña anuncia que a Unidade Móbil de Axuda coas Reclamacións (UMAR) desplazarase ao centro de saúde de Ourol o vindeiro xoves 19 de ma... Ler máis
A Unidade Móbil de Axuda coas Reclamacións informou un martes máis a usuari@s, profesionais e veciñ@s da situación de emerxencia que está a sufrir a sanidade pública, con déficits importante... Ler máis
A Mariña 1 de abril de 2022.A Unidade Móbil de Axuda coas Reclamacións (UMAR) colocarase na entrada principal do Hospital da Mariña o vindeiro martes 5 de abril no seu horario habitual, de 1... Ler máis


















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



