O dispositivo móbil colocarase no centro de saúde de Barreiros o martes 5 de xullo, de 11 a 13 horas
A Mariña 1 de xullo de 2022. A Plataforma Sanitaria da Mariña anuncia que a Unidade Móbil de Axuda coas Reclamacións (UMAR) desplazarase ao centro de saúde de Barreiros o vindeiro martes 5 de xullo no seu horario habitual, de 11 a 13 horas, en resposta á grave situación pola que está a pasar , sen pediatra que substitúa as vacacións do titular e coa baixa de longa duración dunha médica de familia tamén sen substituir.
Non se substitúen as vacacións do pediatra
No caso do pediatra, compartido con Mondoñedo e Lourenzá, desde o día 1 ata o 17 de xullo as tres poboacións carecerán deste servizo pola decisión de non substituílo. A situación é grave e reiterada no tempo, xa que cada vez que o profesional colle un permiso ou unha baixa, a consulta pecha, quedando sen servizo de pediatría. Esto significa que a totalidade das revisións de neno san, a consulta a demanda por enfermidade e as urxencias deixan de prestarse, tendo que utilizar os servizos de urxencias se é preciso ou acudindo a pediatras privados se poden permitirse pagar a consulta.
Unha baixa dunha médica de familia leva meses sen ser cuberta
As cousas non están moito mellor no caso de médic@s de familia, pois dos tres que hai o habitual é que solo estén dous, xa que a terceira leva meses de baixa sen ser substituída; se acaso, algún día envían un reforzo. A traducción práctica é que dous profesionais teñen que atender o cupo da médica ausente, sobrecargandose de traballo , o que redunda nunha diminución da calidade asistencial e aumenta a posibilidade de cometer erros. Esta situación viuse en numerosas ocasións agravada cando algún dos dous profesionais causou baixa ou tivo algún permiso e a totalidade da poboación de Barreiros dependía dun/ha soa profesional. A piques de recibir gran cantidade de turistas que triplicarán a súa poboación, “a asistencia sanitaria quedará no mellor dos casos en mans de dous médicos, pois tampouco teremos médico de desprazad@s este verán “- comentan desde o colectivo.
Desde a Plataforma Sanitaria da Mariña animamos aos e ás veciñas de Barreiros a que se acheguen ata o centro de saúde a facer a súa reclamación pois , segundo nos explica a súa coordinadora, Montse Porteiro, “ se gran parte da poboación reclama o que lle corresponde ou reivindica unha atención sanitaria digna e de calidade a resposta da administración cambia radicalmente”.





















O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



