Site icon Crónica3.com A Mariña

RadioVoz emitiu en directo para toda a provincia hoxe o seu programa Voces de Lugo e da Mariña desde Foz

O alcalde, Fran Cajoto, o concelleiro de Turismo e Comercio, Chema Linares, o concelleiro de Relacións Institucións e Axenda 2030, Carlos García, e o presidente da asociación O Noso Foz, Ángel Fernández, foron entrevistados por Félix Jorquera e fixeron balance do verán de 2022, falaron dos proxectos e dos obxectivos para os vindeiros meses e o Entroido de 2023 tamén estivo presente no programa. A terraza de Pastelería Anduriña converteuse nun estudio de radio esta mañá.

Exit mobile version