Foz, 14 de xaneiro, 2026. José María Campos e Gemma Fernández son os gañadores das dúas estancias sorteadas por Pastelería Anduriña, de Foz, entre todas as persoas que mercaron roscóns de Re... Ler máis
Foz, 4 de xaneiro, 2025. Pastelería Cafetería Anduriña, de Foz, sortea unha fin de semana de turismo rural entre a clientela que merque os seus roscois de Reis na tenda ata o 11 de xaneiro e... Ler máis
Foz, 31 de marzo de 2025. Pastelería Anduriña, de Foz, organiza a 9ª Festa da Empanada do 1 ao 6 de abril. Durante estes días haberá descontos, degustacións e terá lugar o sorteo de 2 vales... Ler máis
Foz, 10 de xaneiro de 2023. Tamara González, unha veciña de Bilbao, é a gañadora da fin de semana de turismo rural que sorteou Pastelería Anduriña, de Foz, entre a clientela que estes días c... Ler máis
Foz, 23 de decembro de 2022. Pastelería Cafetería Anduriña, de Foz, sortea unha fin de semana de turismo rural entre os clientes que compren os seus roscóns de Reiss ata o 8 de xaneiro de 20... Ler máis
O alcalde, Fran Cajoto, o concelleiro de Turismo e Comercio, Chema Linares, o concelleiro de Relacións Institucións e Axenda 2030, Carlos García, e o presidente da asociación O Noso Foz, Áng... Ler máis
Foz, 13 de febreiro de 2021. Pastelería Anduriña, de Foz, sorteou entre a súa clientela 12 comidas para celebrar o Día dos Namorados. Na cita participaron todas as persoas que fixeron compra... Ler máis



















En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



