Site icon Crónica3.com A Mariña

Pastelería Anduriña, de Foz, sortea unha fin de semana de turismo rural entre os clientes que compren as súas roscas de reis ata o 8 de xaneiro

Foz, 23 de decembro de 2022. Pastelería Cafetería Anduriña, de Foz, sortea unha fin de semana de turismo rural entre os clientes que compren os seus roscóns de Reiss ata o 8 de xaneiro de 2022.

Todos os tickets de Pastelería Anduriña que inclúan algún roscón de Reis entrarán no sorteo dunha estancia dunha fin de semana para dúas persoas, con ceas e almorzos, en casa Castiñeira, de Muxía.

Pastelería Anduriña elabora o roscón tradicional e tamén os fai recheos de crema, de nata, de chocolate e de trufa. Ademais de en o propio establecemento, que está na avenida Álvaro Cunqueiro, poden comprarse tamén en liña, a través da web www.andurinafoz.com.

O sorteo da fin de semana de turismo rural realizarase o 9 de xaneiro de 2023, luns, en Radio Foz.

Desde Pastelería Cafetería Anduriña desexan a todos os seus clientes unhas felices festas e un próspero aninovo.

Exit mobile version