Site icon Crónica3.com A Mariña

A reedición do libro ‘Lourenzá’ de Francisco Fernández del Riego, será presentada no salón de actos do Concello de Lourenzá o vindeiro martes, 31 de xaneiro, ás 20 horas

Esta obra de Fernández del Riego foi reeditada polo Concello de Lourenzá e Editorial Galaxia. No acto participarán a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García; Manuel Román Ramos, historiador estudoso da obra de Del Riego; e o director xeral de Editorial Galaxia, Francisco Castro. Esta presentación está organizada polo Concello de Lourenzá, a Mesa Coordinadora Don Paco e Editorial Galaxia.

Exit mobile version