Site icon Crónica3.com A Mariña

Bernardo Niño, PP: “Queremos que a Fonsagrada volva a ser un lugar atractivo para vivir e investir”

A mellora e ampliación do servizo de atención no fogar, un plan de conservación e reparación de viais como o que vai de Navia a Ribeira de Piquín, o polígono, o subministro de auga nas parroquias, unha programación cultural e deportiva ou un parque de bombeiros, son outros dos obxectivos do programa

A Fonsagrada, 7 de maio de 2023. O candidato á alcaldía do Partido Popular no municipio fonsagradino, Bernardo Niño, asegura que a candidatura que lidera “está deseñada para que quen gañe sexa A Fonsagrada. Queremos que o noso concello volva a ser un lugar atractivo para vivir e investir”, afirma. Por iso, explica, “incluímos accións programáticas axustadas ás necesidades do noso pobo que, durante estes anos de gobernos de esquerdas, perdeu en servizos e non xestionou bena atención ás persoas que máis o precisan, como poden ser os maiores ou os dependentes”.

Tal é así que, se acadan a confianza nas urnas, apostarán por dar servizo aos máis de 100 usuarios do SAF, que teñen pendente de recibilo, e incrementarán o orzamento municipal destinado a este fin, pois o actual goberno tan só gasta do presuposto local o 5%, fronte á Xunta de Galicia que paga o 75% do custe total.

Un plan de conservación e reparación de viais tan importantes para os veciños como a estrada que vai de Navia de Suarna a Ribeira de Piquín, o ansiado impulso do polígono industrial, a dotación do subministro de auga nas parroquias, unha programación cultural e deportiva ou a construción dun parque de bombeiros, son outros dos obxectivos do programa co que os populares concorren ás eleccións do 28M.

“Sabemos o que queremos porque somos homes e mulleres cunha gran vinculación coa realidade do noso concello. Somos pais de familia cos nosos nenos e vidas asentados na Fonsagrada”. Por iso, engade, “formamos un equipo que dará un xiro total á forma de facer política que ten o actual equipo de goberno”. “O traballo e a nosa lealdade aos veciños que viven nas distintas aldeas e parroquias centrarán a nosa acción de goberno”, remarca.

CANDIDATURA AO COMPLETO

Bernardo Niño agradece a implicación dos compañeiros da lista, destacando que, con respecto á 2019, a candidatura conta con 5 novas caras dos 16 que a conforman, mesturando así renovación con experiencia. Este ocupan os postos 5, 10, e os 1, 2 e 3 de suplentes. Ademais, é unha lista “moi representativa do que é A Fonsagrada”. Proba delo, detalla o alcaldable é que “levamos gandeiros, autónomos, sanitarios, administrativos, veterinarios, mestres, carteiros, etc”.

1. Bernardo Xabier Niño Neira.
2. Amelia López Niño.
3. Yrma Fernández López.
4. Adrián Fernández Fernández.
5. Soraya Fernández Sobrado.
6. Carlos Fernández Vázquez.
7. Rosario López Liñares.
8. Maira López Lombardero.
9. Nuria Capón Domínguez.
10. Luis Rodríguez Rodríguez.
11. José Manuel Álvares Pérez.

Suplentes:
1. Aniceto Díaz López.
2. Josefa Gómez Trabada.
3. María Jesús Álvarez Gómez.
4. Antonio Rodil Álvarez.

Exit mobile version