Lugo, 12 de marzo de 2025. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, recibiu esta mañá ao voceiro do PP no Concello da Fonsagrada, Bernardo Niño, que se interesou polo estado de... Ler máis
Bernardo Niño destaca a necesidade de elaborar un plan de racionalización do gasto para devolver ao Concello a unha situación de normalidade económica: “que non se lle ocorra ao alcalde subi... Ler máis
A subida da contribución será do 60% e a do imposto de vehículos de tracción mecánica increméntase nun 50% A Fonsagrada, 31 de xullo de 2024. O PP da Fonsagrada advirte que “o goberno local... Ler máis
Bernardo Niño destaca a importancia de rematar a mellora desta estrada provincial xa que é moi transitada a diario ao ser a conexión do municipio con Navia de Suarna A Fonsagrada, 12 de abri... Ler máis
O voceiro popular da Fonsagrada reclama ao alcalde “maior preocupación” por garantir uns accesos adecuados aos núcleos de poboación, sobre todo naqueles máis afastados, como unha das medidas... Ler máis
A mellora e ampliación do servizo de atención no fogar, un plan de conservación e reparación de viais como o que vai de Navia a Ribeira de Piquín, o polígono, o subministro de auga nas parro... Ler máis
“Temos claro que as nosas prioridades son resolver o problema do despoboamento e do deterioro total dos servizo públicos que nos están afectando a todos. Asumo este cometido cunha gran respo... Ler máis
Hoxe, durante o percorrido realizado pola Feira do Butelo da Fonsagrada acompañado por Miguel Corgos, o presidente da xestora do PP local, Bernardo Niño, e a presidenta provincial do PP de L... Ler máis























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



