Bernardo Niño destaca a necesidade de elaborar un plan de racionalización do gasto para devolver ao Concello a unha situación de normalidade económica: “que non se lle ocorra ao alcalde subir os impostos para sanear as contas públicas, que se aprete o cinto e mire que gastos son evitables”
A Fonsagrada, 3 de decembro de 2024. O Grupo Municipal do PP da Fonsagrada acusa directamente ao alcalde, Carlos López, de levar o Concello á quebra, unha situación que reflicte o secretario municipal “nun informe demoledor”.
O voceiro municipal, Bernardo Niño, explica que nese informe o secretario fai afirmacións moi duras contra o alcalde e o seu equipo de goberno, como:
“o infrascrito non se responsabiliza da situación do Concello de A Fonsagrada en materia de remisión de información económico-financeira durante o exercicio orzamentario 2023” ou que “o que subscribe, xa advertiu da falta de medios dos que adoece este órgano interventor, cuestión posta de manifesto no Plan anual de control financeiro para o exercicio 2024”.
Unha situación “que provocou” o alcalde, que vén derivada da falta de seguimento da lexislación, poñendo como exemplo a falta de previsión para presentar e aprobar en tempo e forma as liquidacións orzamentarias.
Cada liquidación ten que estar aprobada antes do 1 de marzo do ano seguinte, algo que non se cumpra na Fonsagrada:
A liquidación de 2022 aprobouse en febreiro de 2024 (case dous anos de atraso)
A liquidación de 2023 aprobouse en outubro deste ano (sete meses de atraso)
Unha situación que provoca a perda de subvencións ou dos obradoiros de emprego xa que “ao non cumprir cos trámites legais non se pode optar a determinadas axudas” o que xa provocou a perda duns 300.000€ en subvencións.
Incluso, o propio secretario alerta de que pola falta de previsión do goberno local hai “unha situación preocupante debido a súa falta de previsión orzamentaria” ademais de “irregularidades administrativas con respecto dos contratos públicos”, o que se traduce en que “os contratos da Fonsagrada presentan irregularidades administrativas”.
Incluso o secretario sentencia a situación dos contratos afirmando que : “todos os gastos en servizos e subministracións encóntranse contratados verbalmente”.
Para Bernardo Niño “a forma de traballar de Carlos López dista moito do que debe de facer un bo alcalde, xa que fai o que quere sen importarlle que o Concello de A Fonsagrada quebre”.
Unha situación na que insiste o secretario municipal que afirma que “sobre os gastos correntes non pode efectuarse estimación algunha, en tanto os datos dos que dispón este órgano interventor son mínimos e limítanse ás facturas que van entrando no rexistro municipal”.
A día de hoxe, o Concello de A Fonsagrada está a triplicar o prazo máximo legal para o pago a provedores, aos que debe uns 900.000€.
Para regularizar o Concello, Bernardo Niño coincide co secretario municipal en que é necesario “elaborar calendarios de tesourería para evitar a dilación no pago a provedores”, xa que “os que realmente sofren e van a sufrir máis no futuro son os provedores municipais que tardan meses en cobrar os seus subministros e servizos”.
NON GASTAR MÁIS DO QUE SE INGRESA
Bernardo Niño recomenda a Carlos López practicar as mesmas matemáticas que se practica en todas as casas, “non gastar máis do que se ingresa”, algo que se apoia en que “o remanente de tesourería que reflicte a liquidación de 2023 é negativo, situación que xa viña advertida por este órgano nas liquidacións orzamentarias 2021 e 2022”.
Neste senso, Bernardo Niño esixe ao alcalde adoptar un plan de racionalización do gasto “que de ningún xeito pase por subir os impostos á veciñanza”.
Ademais, no informe do secretario reflíctese que “a regra de gasto observa un evidente incumprimento dos seus parámetros básicos”.
COOPERACIÓN DA DEPUTACIÓN DE LUGO
Pola súa banda, o voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, recorda como propio secretario do Concello de A Fonsagrada pediu “ata en tres ocasións” ao alcalde, tamén deputado provincial e con responsabilidades de goberno, “a cooperación por parte da Deputación de Lugo, sen que fixese nada por solicitar dita axuda”.
“Estamos ante un novo exemplo de como PSOE e BNG negan aos lucenses un dos principais cometidos da Deputación: a cooperación cos concellos. Vemos como non solicitar a axuda que se está a reclamar encarecidamente por un funcionario pública está a danar enormemente a economía dun concello e, polo tanto, os servizos públicos que se lle prestan aos veciños”, sentenciou.











A representación terá lugar este sábado día 18, ás 19:30 horas, no local social da Asociación de Veciños de Marzán, un dos destinos habituais nas xiras anuais da compañía. O Centiño mantén así a tradición de visitar este espazo, onde agarda compartir co público unha tarde divertida e chea de humor. A agrupación teatral continúa así coa difusión da súa nova obra, que segue a percorrer diferentes escenarios da comarca.
Dezaoito locais hostaleiros de Ribadeo, Rinlo e Vilaframil ofrecerán diversas preparacións ata o vindeiro domingo: en escabeche, en salpicón, en empanada, ao allo, á prancha, en albóndega, etc… Todas as propostas poden consultarse nas redes sociais de Acisa Ribadeo, que agradece “unha vez máis o apoio da OPP do Porto de Burela, que nos doou 90 quilos de cabala para estas xornadas, produto que entregamos de xeito gratuíto aos locais participantes. Achegámoslles así unha parte do peixe que empregarán nesta nova cita gastronómica na que tamén colabora o Concello de Ribadeo”. Ata o porto, ao restaurante Marinero, se achegaron este mediodía o director territorial da Consellería de Mar, Alexandre Piñeiro, as concelleiras ribadenses Montse Seijo, Elena Sierra e Begoña Sanjurjo, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, o xerente do colectivo empresarial, Jesús Pérez, e o técnico de Acisa, Jorge Fernández, que puideron degustar as elaboracións realizadas por este establecemento hostaleiro.
Durante a xornada Lionel compartirá a súa experiencia no mundo da escrita, dando a coñecer os seus procesos creativos e as temáticas que caracterizan os seus libros. O acto incluirá un coloquio participativo cos asistentes do club onde poderán preguntar e intercambiar opinións co autor sobre o libro lido “A raíña das velutinas”.
O sábado terá lugar no Casino o III Showcooking, con cociña en directo e maridaxe de viños. O público poderá votar os seus pinchos favoritos e participar no sorteo dunha noite no hotel Marqués de Riscal. A entrega de premios será o luns 20 ás 19:00 h. O Concello e Destino Navia animan a veciños e visitantes a gozar desta cita gastronómica.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
As persoas interesadas poden anotarse ata o 24 de abril na Casa do Concello (Cervo) ou na Casa da Cultura (San Cibrao). A actividade está dirixida a persoas pensionistas empadroadas no municipio. Trátase dunha xornada pensada para compartir, celebrar e desfrutar en comunidade.



