Cervo, 6 de agosto, 2026. O Concello de Cervo anima a veciños, veciñas e visitantes a achegarse á caseta oficial da Maruxaina, instalada na Praza dos Campos, onde xa están á venda os produtos oficiais desta nova edición da festa.
Entre os artigos que se poden adquirir figuran camisetas para home, muller e nenos e nenas, bolsas, panos, o libro da Maruxaina e dúas tazas conmemorativas desta edición. Por unha banda, a taza artística de cerámica deseñada por Ánxel Cao, inspirada na forma dun percebe; e, por outra, a taza de barro elaborada por Saúde Mental A Mariña, que reproduce o cartel oficial da Maruxaina 2026.
A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, acompañada polos concelleiros Adrián Arias e Mali Méndez, presentou este xoves a taza de louza xunto ás persoas usuarias e profesionais de Saúde Mental A Mariña, responsables da súa elaboración na propia caseta.
A rexedora quixo agradecer a implicación de todas as persoas e colectivos que colaboran para facer posible esta iniciativa. “Quero agradecer a Ánxel Cao o deseño da súa magnífica taza de cerámica, así como a Saúde Mental A Mariña o excelente traballo realizado na elaboración da taza de louza desta edición.
O meu agradecemento tamén á Asociación Mulleres de San Ciprián que un ano máis colabora activamente na venda dos produtos oficiais da Maruxaina. Esta implicación colectiva contribúe a engrandecer unha festa que forma parte da nosa identidade e da que nos sentimos profundamente orgullosos”, destacou.
Desde o Concello lembran que a compra dos produtos oficiais contribúe á promoción da Festa da Maruxaina e permite levar un recordo único dunha celebración que é un dos grandes referentes festivos e culturais da bisbarra.
























A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



