Viveiro, 6 de agosto de 2026. O Concello de Viveiro informa de que, con motivo dos preparativos das Festas Patronais de San Roque, será necesario realizar dúas actuacións relacionadas coa seguridade e coa montaxe das infraestruturas festivas.
Por unha banda, co inicio da montaxe das atraccións do recinto feiral, será preciso desaloxar a zona do aparcamento do peirao destinada á instalación das mesmas. Os vehículos deberán ser retirados antes da noite do domingo 9 de agosto, xa que o luns 10 comezarán os traballos de montaxe e a chegada dos camións e demais vehículos necesarios. A área permanecerá delimitada, valada e sinalizada pola Policía Local, polo que se solicita á cidadanía que respecte as indicacións e evite estacionar no espazo reservado para os traballos. O Concello lembra que existen diferentes zonas habilitadas para aparcar, como os estacionamentos da Variante, a contorna da Cruz Vermella, a zona do Casino e outros espazos distribuídos polo municipio.
Por outra banda, con motivo do lanzamento dos fogos artificiais previsto para o domingo 16 de agosto, será necesario retirar temporalmente as embarcacións fondeadas na zona situada fronte aos colexios, no paseo marítimo. Esta medida é imprescindible para garantir as condicións de seguridade durante o espectáculo pirotécnico, polo que se solicita a colaboración das persoas propietarias das embarcacións para proceder á súa retirada antes da celebración do evento.
O Concello de Viveiro agradece de antemán a comprensión e colaboración da veciñanza e das persoas visitantes, lembrando que estas actuacións se realizan cada ano co obxectivo de asegurar o correcto desenvolvemento dun dos actos máis destacados das Festas Patronais de San Roque. Para calquera aclaración ou información adicional, as persoas interesadas poden poñerse en contacto cos servizos municipais.























En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



