Site icon Crónica3.com A Mariña

O equipo de drons da AXEGA colabora na busca dun septuaxenario que desapareceu en Navia de Suarna

A Unidade Operativa de Drons da Axencia Galega de Emerxencias participa desde esta tarde nun operativo coordinado polos axentes da Garda Civil. Media hora despois da medianoite, un familiar do desaparecido contactou co 112 Galicia para informar do acontecido: o home saíra a pescar ao río na zona de Rao, en Navia de Suarna, e non retornara ao seu domicilio. Con celeridade, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias puxeron os feitos en coñecemento dos axentes da Garda Civil e das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Cervantes, Negueira de Muñiz e Baleira. Nestes momentos, as agrupacións de Cervantes e de Negueira de Muñiz colaboran nas tarefas de busca.

Exit mobile version