A Unidade Operativa de Drons da Axencia Galega de Emerxencias participa desde esta tarde nun operativo coordinado polos axentes da Garda Civil. Media hora despois da medianoite, un familiar do desaparecido contactou co 112 Galicia para informar do acontecido: o home saíra a pescar ao río na zona de Rao, en Navia de Suarna, e non retornara ao seu domicilio. Con celeridade, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias puxeron os feitos en coñecemento dos axentes da Garda Civil e das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Cervantes, Negueira de Muñiz e Baleira. Nestes momentos, as agrupacións de Cervantes e de Negueira de Muñiz colaboran nas tarefas de busca.
O equipo de drons da AXEGA colabora na busca dun septuaxenario que desapareceu en Navia de Suarna
O equipo de drons da AXEGA colabora na busca dun septuaxenario que desapareceu en Navia de Suarna
Relacionado
-
O Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández, participou este domingo xunto á Alcaldesa de Guitiriz e Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, na VII Festa da Torta de Millo que se celebra durante todo o día de hoxe na praza guitiricense do Campo da Feira
-
A deputada de Cultura Iria Castro asistiu este domingo á Festa dosXogos Tradicionais organizada por Xotramu en Muimenta, unha xornada monográfica dedicada á posta en valor do patrimonico lúdico de Galiza
-
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reuniuse esta semana en Lugo con responsables da Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega, Acruga, encabezados polo seu presidente, César Dorado