Site icon Crónica3.com A Mariña

Observatorio da Mariña pola igualdade: “Convocamos a todo o feminismo da comarca para combater contra as políticas que tratan de silenciarnos”

A Mariña, 1 de marzo, 2024. O 8 de marzo é o Día Internacional da Muller Traballadora e como cada ano, o Observatorio da Mariña pola igualdade convoca a todo o feminismo da Mariña Lucense para combater contra as políticas que tratan de silenciarnos. Somos feministas, somos loitadoras e somos poderosas.

Queremos expresar a nosa posición desvinculante de todas as actividades lúdico-festivas que en torno ao 8M se organizan en diferentes concellos da Mariña: viaxes, xantares populares, concertos, etc… Este Observatorio da Mariña pola Igualdade non vai permitir que se blanqueen as palabras Feminismo, Igualdade e Sororidade nunha data imprescindible para as nosas reivindicacións.

Este ano 2024 queremos visibilizar aos sectores máis vulnerables onde traballamos maioritariamente as mulleres, como son os servizos de limpeza e o sector téxtil e poñer en valor a loita que levaron a cabo as compañeiras da limpeza de Lugo nos últimos meses, que resistiron cunha longa folga ata que acadaron mellorar as súas condicións laborais, demostrando o necesario que é a unidade feminista cara a un mesmo fin: varrer o patriarcado.

Por todo isto, o Observatorio da Mariña pola Igualdade en colaboración coas mulleres feministas da Mariña, negando calquera outra vinculación colaborativa que non sexa a anteriormente exposta, ORGANIZA E CONVOCA UNHA MANIFESTACIÓN FEMINISTA para o próximo venres 8 de marzo ás 20h en Ribadeo baixo o lema “Varrendo o patriarcado” á que animamos a participar a todas as persoas que sintan como súa a necesidade da unidade no movemento feminista mariñán.

Queremos informar tamén sobre o programa de actividades que, grazas ao traballo e compromiso das mulleres feministas de Ribadeo, Burela e en xeral, das mulleres mariñás, terá lugar nos seguintes días:

Sábado 2 de maio no IES Dionisio Gamallo en Ribadeo:
Obradoiro de Batuke e material, de 15h00 a 18h30.

Venres 8 de marzo, na praza de abastos de Burela:
Convivio e apertura do quiosco 8M, a partir das 14h00.
Obradoiro de cartaces, de 16h00 a 18h00.

A participación foi, é e será un dos grandes motores do cambio social: contamos contigo.

Exit mobile version