Faino despois de que esta semana aparecese vandalizada a lápida de Paulo Lopes nun acto que a entidade cualificou de racista e xenófobo. O colectivo expresou o seu apoio á familia e reclamou... Ler máis
A Mariña, 19 de marzo, 2026. O Observatorio da Mariña pola Igualdade organiza o próximo sábado, día 21, ás 19:00 horas, no Salón de Conferencias de Burela, unha charla-coloquio centrada na s... Ler máis
Ribadeo, 6 de marzo, 2026. O Observatorio da Mariña pola Igualdade convoca unha manifestación o vindeiro 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, en Ribadeo. A mobilización part... Ler máis
O propio día 25 colocaranse varias siluetas alusivas á violencia de xénero na praza 8 de Marzo. Para ese mesmo día e lugar, convócase unha concentración ás 19:00h. O venres 28 haberá unha ch... Ler máis
A Mariña, 6 de marzo, 2025. O 8 de Marzo, día Internacional da Muller Traballadora, un ano máis, o Observatorio da Mariña pola igualdade convoca á Mariña Lucense para recoñecer a historia do... Ler máis
Ribadeo, 29 de xullo, 2024. Este Mércores 31 de Xullo hai unha cita en Ribadeo ás 19:30 h da tarde no Parque San Francisco (en caso de choiva farase no Cine Teatro) para recibir da man de Ra... Ler máis
A Mariña, 15 de abril, 2024. Feminismo en cen palabras é o título do libro que recolle os termos imprescindibles para falar de feminismo co rigor necesario e que será presentado pola súa aut... Ler máis
A Mariña, 20 de marzo, 2024. Desde a tarde do martes, tristemente voltamos a coñecer polos medios de comunicación outro caso de asasinato machista: unha muller era apuñalada no pescozo e abd... Ler máis
Burela, 9 de marzo de 2024. O Concello de Burela uniuse á conmemoración do 8M, Día Internacional da Muller. Entre outras iniciativas, onte inaugurouse o quiosco da Praza da Mariña no que o O... Ler máis
A Mariña, 8 de marzo, 2024. Dende o Observatorio da Mariña pola Igualdade, hoxe, venres 8 de marzo ás 14:00, terá lugar a apertura ao público da instalación feminista que se atopa no quiosco... Ler máis
A Mariña, 1 de marzo, 2024. O 8 de marzo é o Día Internacional da Muller Traballadora e como cada ano, o Observatorio da Mariña pola igualdade convoca a todo o feminismo da Mariña Lucense pa... Ler máis
A Mariña, 5 de decembro, 2023. O pasado sábado 25 de novembro de 2023 o Observatorio da Mariña pola Igualdade convocou unha concentración en Ribadeo, na Praza 8 de Marzo, co fin de reivindic... Ler máis
A Mariña, 17 de outubro, 2023. O 8 de marzo de 2023 o Observatorio da Mariña pola igualdade cumpriu 15 anos de vida visibilizando e sensibilizando sobre feminismo na Mariña. A súa actividade... Ler máis
Ribadeo, 10 de agosto, 2023. Desde o Observatorio da Mariña pola Igualdade reiteran a queixa ante os “pseudopuntos-lilá instalados pola Área de Igualdade do Concello de Ribadeo”.... Ler máis
Ribadeo, 9 de agosto de 2023. A concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo, rexeita as críticas vertidas nas últimas horas desde o Observatorio da Mariña pola Igualdade e subliña o éxito do p... Ler máis



















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.