Burela, 9 de marzo de 2024. O Concello de Burela uniuse á conmemoración do 8M, Día Internacional da Muller.
Entre outras iniciativas, onte inaugurouse o quiosco da Praza da Mariña no que o Observatorio da Mariña pola Igualdade expresa de xeito moi visual o significado do 8M.
“É un quiosco informativo, didáctico e reinvidicativo deste día de loita en prol da Igualdade. Invitamos a toda a veciñanza a visitalo durante este mes de marzo”, asegura Sandra Fernández, concelleira de Igualdade de Burela.
“A desigualdade é un problema estrutural que esixe unha resposta social forte”, asegura pola súa parte a alcaldesa, Carmela López, que fai un chamamento “a reflexionar e a seguir avanzando para acadar o obxectivo dunha igualdade real e efectiva”.
Uxía Treitas, presidenta do observatorio, apunta que “esta instalación feminista afonda nos diversos acontecementos históricos que levaron a que o 8 de marzo sexa o Día Internacional da Muller e aporta varios datos sobre a explotación laboral, a violencia de xénero, a brecha salarial e os coidados na actualidade”.
“A realización desta instalación foi posible grazas á colaboración de diversas mulleres feministas mariñás e do Concello de Burela. Poderase visitar durante todo o mes de marzo”, remata Treitas.























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



