A agrupación fíxose co recoñecemento no 2025 e grazas á súa obra As Fillas Bravas de Momán 2025
Cariño, 4 de agosto, 2026. A programación da XLVIII Mostra de Teatro Galego de Cariño continúa non só coas representacións que conforman o cartel desta edición, senón tamén coa entrega dos galardóns correspondentes á edición anterior. Tras a función de onte, protagonizada polo Grupo Chévere coa obra Ictus, o concelleiro de Cultura, Andrés Balado, fixo entrega á compañía do Premio Público Adulto da Mostra 2025. O edil aproveitou a ocasión para felicitar ao elenco polo seu talento e agradecer a súa participación nunha edición na que volveron conquistar ao público.
O Grupo Chévere fíxose co recoñecemento no 2025 e grazas á súa obra As Fillas Bravas de Momán 2025. Tras a representación deste traballo, o grupo teatral acadou un total de 520 puntos. Non é a primeira vez que a compañía conquista un dos galardóns da Mostra. Así, no 2024 xa o conseguiran grazas a As Fillas Bravas e o mito de Casandra.
Programación
A programación continuará mañá, mércores 5 de agosto, coa obra familiar Berenguela na gaiola, de Galeatro e Xarope Tulú, ás 12:00 horas (1,50 euros). Ás 22:00 horas, a bailarina e creadora Mariña Lestón presentará Costa da Morte. Cartografía dun naufraxio, unha proposta dirixida a público adolescente e adulto (6 euros).
O xoves 6 de agosto, a compañía Tarabela Creativa levará ao Auditorio Municipal, ás 12:00 horas, o espectáculo familiar Tarabela Ambulante (1,50 euros). Xa pola noite, ás 22:00 horas, De Ste Xeito porá en escena a comedia Feminísimas, destinada ao público adulto (6 euros).
O venres 7 de agosto, a música e o humor serán protagonistas coa actuación de Píscore, que presentará Concerto Singular ás 12:00 horas (1,50 euros). Tras a representación, faráselle entrega do Premio do Público Infantil da pasada edición á compañía Píscore. Ás 22:00 horas, o actor e humorista Carlos Blanco subirá ao escenario do Auditorio Municipal coa súa proposta A Penúltima (6 euros).
O sábado, 8 de agosto, a edición despedirase cunha dobre proposta na Porta da Pulida. Ás 13:00 horas, a compañía A Vela Circo ofrecerá o espectáculo circense Enredos, dirixido a todos os públicos e con entrada gratuíta. Pola noite, ás 22:00 horas, o ilusionista Joshua Kenneth pechará a programación con Degustación de imposibles, un espectáculo de maxia tamén para todos os públicos e con entrada de balde.









O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



