Concello de Tapia de Casariego e a Banda de Gaitas Occidente presentaron a programación da XXIX edición do FID’O, unha cita declarada Festa de Interese Turístico Rexional que volverá converter o concello en punto de encontro da música, da tradición e da cultura celta do 6 ao 10 de agosto
Tapia de Casariego, 4 de agosto de 2026. O Concello de Tapia de Casariego acolleu este martes a presentación oficial da XXIX edición do Festival Intercéltico d’Occidente (FID’O), unha das citas culturais máis emblemáticas do verán asturiano e Festa de Interese Turístico Rexional, que se celebrará do 6 ao 10 de agosto cun amplo programa de actividades para todos os públicos.
No acto interviñeron o alcalde de Tapia de Casariego, Pedro Fernández; o director do Festival, Martín Fernández; e o director xeral de Política Lingüística do Principado de Asturias, Antón García, quen coincidiron en destacar o valor cultural, social e patrimonial dun festival que, tras case tres décadas de historia, continúa medrando e consolidándose como unha referencia dentro do panorama intercéltico.
O director do Festival, Martín Fernández, puxo en valor o esforzo da organización por renovar cada edición sen perder a esencia que caracteriza o FID’O. “Como todos los años, siempre hay novedades. Este año, destacaría la recuperación de las bagad, grupos escoceses que llevaban años sin venir”, sinalou, destacando a variedade de propostas que encherán Tapia de música e tradición durante cinco días.
Pola súa banda, o alcalde, Pedro Fernández, subliñou a importancia que ten o Festival para o municipio e para a proxección de Tapia de Casariego. “Durante estos días Tapia se llena de un intercambio de culturas, de actuaciones musicales, charlas en el auditorio y, sobre todo, de un ambiente que hace que nuestro pueblo luzca especialmente bonito”, afirmou, convidando tanto a veciños como a visitantes a gozar dunha programación pensada para todos os públicos.
O director xeral de Política Lingüística, Antón García, quixo recoñecer o traballo que fai posible a continuidade do Festival ano tras ano. “Agradecemos al Ayuntamiento de Tapia que nos invite y, por supuesto, también a todas las personas que se mueven alrededor de la organización del festival, porque sabemos lo que cuesta sacar adelante un proyecto de tanto recorrido y de tantos años”, manifestou.
🎶 Cinco días de música tradicional por toda a vila
A programación dará comezo o xoves 6 de agosto, ás 19:00 horas, coa inauguración oficial da XXIX edición do Festival no Concello de Tapia de Casariego. O acto contará coa presenza do alcalde, Pedro Fernández, e do director do Festival, Martín F. Cascudo, e incluirá a tradicional izada da Bandeira Celta, un dos momentos máis simbólicos que marca o inicio desta celebración.
Entre os actos máis destacados figura tamén o tradicional Homenaxe aos Mariñeiros, que terá lugar o sábado 8 de agosto, ás 12:00 horas, no Miradoiro de Os Cañois. Un emotivo recoñecemento a quen perderon a vida no mar e a todas as persoas que, xeración tras xeración, fixeron do mar a súa forma de vida.
O festival culminará o domingo 9 de agosto con outra das súas citas máis representativas: a Alborada, que partirá desde a Punta do Muelle percorrendo as rúas de Tapia ata a igrexa parroquial de San Esteban, onde se celebrará a tradicional Misa Folclórica, unha cerimonia que reúne música, tradición e sentimento nun dos actos máis agardados de cada edición.
Durante estes días tamén pasarán por Tapia agrupacións procedentes de diferentes territorios celtas, con actuacións musicais e de danza que poñerán en valor o patrimonio cultural compartido. O Mercado Celta, a Escola Internacional de Música Folk, a exposición conmemorativa polo 30.º aniversario da Banda Gaites Villa Mieres e as numerosas actividades familiares completan unha programación pensada para veciños e visitantes.
Desde o Concello de Tapia de Casariego anímase a toda a cidadanía e a quen visiten o concello durante eses días a gozar dunha celebración que, tras case tres décadas de traxectoria, se consolidou como un dos principais referentes culturais do verán asturiano e como unha magnífica oportunidade para coñecer e compartir as raíces da cultura celta.





















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



