Así mesmo, outro dos obxectivos principais é o de crear un espazo de intercambio de experiencias e resolución de dúbidas ante problemáticas similares co fin de diminuir o nivel de sobrecarga da persoa coidadora principal.
Este curso será impartido pola Psicóloga Sanitaria da entidade na “Casa do Vello Pancho” de Ribadeo durante os días 22,24, 26 e 29 de abril en horario de tarde, de 16:00h a 18:00h. As persoas interesadas en asistir deberán inscribirse previamente nos Servizos Sociais do Concello de Ribadeo, no teléfono 982580610 ou enviando un correo electrónico a gema.afan.burela@gmail.com
Será gratuito para os asistentes gracias á doazón económica que o Festival da Luz realizou á Federación de Alzheimer Galicia e á colaboración do Concello de Ribadeo.