Fervenza considera que a ampla traxectoria de Vizoso, ligada á arte, ao deseño e á posta en valor do noso patrimonio, merece ser recoñecida de maneira pública e permanente. O seu labor é un orgullo para a comunidade galega e para o pobo de Cervo, e quere que a súa pegada quede tamén reflectida nas rúas da vila.
Con esta proposta búscase render unha homenaxe xusta e necesaria “a quen tanto fixo pola proxección cultural da nosa vila”.