Cervo, 18 de abril, 2026. As asociacións Fol do Raxal e Fervenza de Sargadelos, xunto con Marmeladas A Morena, veñen de anunciar o programa da Foliada de Cervo, que este ano celebra o seu 10... Ler máis
Cervo, 8 de abril, 2026. As asociacións Fervenza de Sargadelos, Fol do Raxal e Marmeladas A Morena preparan para o 2 de maio unha nova edición da Foliada de Cervo, que este ano celebra o seu... Ler máis
Ás 18h, a doutora en Historia Contemporánea ofrecerá a charla “Un caldo de gloria: inxustiza e loita na Galiza contemporánea”. O acto pecharase cunha lectura colectiva do Manifesto da AELG. Ler máis
As actividades comezarán ás 18h co espectáculo de maxia, baile e humor do pallaso belga Rudi Dudi. Nada máis rematar haberá chocolatada e, ás 19h 30, Papá Noel recibirá a todas as crianzas.... Ler máis
Cervo, 3 de maio, 2025. As asociacións Fol do Raxal e Fervenza de Sargadelos, xunto con Marmeladas A Morena prometen unha nova edición do evento repleta de música tradicional ao vivo, nature... Ler máis
Cervo, 29 de abril, 2025. A Asociación Cultural Recreativa Fervenza de Sargadelos, presidida por Xosé Fernández e co apoio do vicepresidente Ramiro Chaves, vén de solicitar oficialmente ao C... Ler máis
A sesión vermú correrá cargo de A Requinta de Lampai, e á noitiña actuará Ailá, seguida de foliada libre e queimada Cervo, 24 de abril de 2025. O Concello de Cervo anima a veciños e visitant... Ler máis
Cervo, 23 de abril de 2025. Cervo celebrará o vindeiro 3 de maio a novena edición da súa Foliada e Feira de Artesanía de Cervo, que encherá de música e actividade a contorna da Praza do Sout... Ler máis
Eli Ríos presentará ‘Alma de violino’, un álbum ilustrado sobre Luísa Villalta, autora homenaxeada nas Letras Galegas deste 2024. Despois, as voces do colectivo Comadres das Letr... Ler máis
As actividades comezarán ás 16h 30 con xogos populares e tradicionais para toda a familia, que corren a cargo da Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional. Ás 18h terá lugar o contacon... Ler máis
O pasado sábado celebrouse o décimo quinto aniversario da Asociación cun xantar na Taberna de Sargadelos. Ler máis
Un total de 11 persoas voluntarias dedicaron a mañá a limpar un treito do Río Xunco, do que retiraron por volta de 30 kg de lixo. De entre os residuos que sacaron destacan unha batería, bote... Ler máis
Cervo, 20 de setembro, 2023. A XV Limpeza Simultánea “Móllate polos ríos” celebrarase este ano en 52 concellos de toda Galiza e participarán máis de 60 entidades (asociacións, concellos, col... Ler máis


















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



