Cervo, 3 de maio, 2025. As asociacións Fol do Raxal e Fervenza de Sargadelos, xunto con Marmeladas A Morena prometen unha nova edición do evento repleta de música tradicional ao vivo, natureza, historia e artesanía. O evento, que se realizará o 3 de maio na Praza do Souto de Cervo, é unha celebración da cultura popular. Así, cómpre destacar que o deseño do cartaz deste ano está adicado ás transmisoras da nosa tradición oral, a quen se lle adican as Letras Galegas este 2025, e é obra do artista Diego Cereijo.
Este ano, como novidade, Guido Guía fará un paseo guiado pola contorna de Cervo con saída ás 11h desde a Praza do Souto. Poderase contemplar edificios como a Fábrica de Sargadelos ou o Conxunto histórico-artístico, así como desfrutar das paisaxes á volta do Río Xunco.
Durante todo o día, máis dunha ducia de grupos animarán os bares e as rúas de Cervo. Como xa é tradición, ao mediodía farase o pasabares pola Taberna de Sargadelos, a Pousada o Almacén e o Caseto de Copa; ás 14h dará comezo a sesión vermú coa Requinta de Lampai e o serán ás 18h 30. Á noite Ailá presentará Tradimensional, o seu último traballo.
Tamén, están programados varios obradoiros: enredos musicais con Oli Xiráldez, baile tradicional con Marcos Botana e formas e xeitos de tocar o pandeiro e a pandeireta con Noemi Basanta.
Ademais, haberá feira de artesanía, que será un aliciente máis para desfrutar da xornada e de promocionar o consumo de produtos de proximidade. Tampouco faltarán os xogos tradicionais pola tarde e a queimada ao rematar o concerto.
A Organización espera que esta edición sexa un éxito e que as persoas visitantes poidan desfrutar ao máximo da nosa riqueza cultural e artística.























Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.



