Cospeito, 17 de agosto de 2026.- O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, visitou hoxe xunto ao alcalde de Cospeito, Armando Castosa, a parcela de Feira de Monte na que se construirá unha pista deportiva ao abeiro da orde de axudas para a creación e mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais.
Durante a visita, o delegado explicou que o Concello de Cospeito resultou beneficiario este ano dunha achega autonómica de 39.596 euros para a construción desta infraestrutura municipal destinada á práctica de tenis. Segundo explicou, a nova instalación permitirá “ampliar a oferta de lecer activo e saudable no municipio, dotándoo dun espazo para facer deporte non vinculado ás disciplinas máis tradicionais”.
A pista situarase nunha parcela localizada entre o parque empresarial e a zona verde periurbana que rodea a parte oeste de Feira do Monte, onde xa hai xogos infantís e un parque biosaudable e está previsto iniciar tamén proximamente a construción dunha pista de pádel.
Durante a visita, o representante autonómico concretou que a través desta orde de axudas, a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes destina este ano máis de 744.000 euros a 21 concellos e unha agrupación da provincia de Lugo, co fin de impulsar 22 actuacións de mellora, rehabilitación e acondicionamento en diferentes espazos e equipamentos municipais.
Lembrou que esta iniciativa vai dirixida a concellos de menos de 30.000 habitantes, que poden solicitar as achegas de xeito individual ou mediante asociacións ou agrupacións. Cada concello pode presentar un máximo de dúas solicitudes, sempre que unha delas sexa individual e outra conxunta e para actuacións diferentes. Ademais, cada petición debe corresponderse cun único proxecto, que pode abranguer varias accións.
A colaboración do Goberno galego financia ata o 80% do orzamento da obra ou equipamento que se vai realizar, co límite de 40.000 euros para as solicitudes individuais e de 50.000 euros para as conxuntas ou as presentadas por concellos resultantes dun proceso de fusión municipal.
Villares subliñou que con esta orde de axudas, que conta cun orzamento de 3,5 millóns de euros, “preténdese impulsar a calidade de vida dos veciños e veciñas do noso rural a través da colaboración cos concellos, como entidades máis próximas á cidadanía e motores do desenvolvemento económico”.




















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



