Desde o departamento de Promoción Económica e desde ACO Ortigueira coinciden en que o evento foi “todo un éxito”
Ortigueira, 17 de agosto de 2026. O Concello de Ortigueira conclúe cun balance moi positivo a celebración da edición 2026 do Outlet do Comercio Ortegano, un evento que tivo lugar os días 15 e 16 de agosto na contorna dos xardíns de Julio Dávila. Organizada polo departamento de Promoción Económica municipal coa colaboración de ACO Ortigueira e da Xunta de Galicia, a cita logrou dinamizar o consumo na vila, atraendo numeroso público e cumprindo o obxectivo primordial de apoiar activamente o tecido comercial do municipio.
Nesta ocasión, a feira contou coa participación de sete establecementos locais que amosaron a diversidade e calidade da oferta do municipio: Alma Bonita, Bamby, Motor Ortegal, Peluquería Yoryina, O Xardín, Galioart e Calzados Galofer. Como principal novidade desta edición, a iniciativa sumou por primeira vez a integración de sectores como a peluquería e os talleres mecánicos, unha diversificación que resultou especialmente vantaxosa e ben acollida pola cidadanía.
A edila de Promoción Económica, Facenda e Deportes, Isabel Rego, destacou a “excelente resposta cidadá” e o compromiso do goberno local co comercio de proximidade. Rego subliñou que “desde el Concello se sigue apostando firmemente por iniciativas que impulsen el comercio local, el cual constituye el corazón económico y social de Ortigueira”, e engadiu que “los resultados de este fin de semana confirman la efectividad de estos eventos para dinamizar las compras, atraer visitantes y generar repercusión económica directa en las empresas del municipio”.
Pola súa banda, o sector comercial tamén trasladou a súa plena satisfacción co desenvolvemento das xornadas. Paula Ribeiro, presidenta da Asociación de Comercio de Ortigueira (ACO), manifestou o agradecemento das persoas participantes pola continuidade destas medidas institucionais, valorando de forma moi positiva tanto o volume de vendas acadado como a notable reactivación da afluencia de público, así como o gran desempeño dos novos sectores incorporados.
O evento desenvolveuse ao longo do pasado sábado de 10:00 a 21:30 horas e do domingo de 10:00 a 20:00 horas, incluíndo ademais sorteos e sorpresas para as persoas asistentes.


























Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.