A Mariña, 20 de agosto, 2026. A Orquestra Sinfónica do Principado de Asturias (OSPA) regresou este mércores 19 de agosto ao Festival Bal y Gay para ofrecer un concerto formidable nun dos espazos máis singulares da súa programación: a Catedral-Basílica da Asunción de Mondoñedo. A formación asturiana, consolidada ao longo de máis de tres décadas como unha das principais orquestras sinfónicas do Estado, reencontrouse co público do festival nun escenario onde música e patrimonio se integran nunha mesma experiencia.
O Festival Bal y Gay continúa este xoves 20 de agosto, ás 20:30 horas, coa chegada a A Mariña lucense de KamBrass, gañador da última edición de FestClásica e recoñecido como mellor ensemble emerxente FestClásica 2026. A actuación terá lugar no Museo e Fábrica de Sargadelos, en Cervo, un dos escenarios máis emblemáticos da historia do festival.
Terceira presenza este ano tras dúas actuacións previas de éxito
A presenza da OSPA no Bal y Gay é xa unha relación consolidada. A orquestra participou na edición de 2024 cun concerto na propia Catedral de Mondoñedo, daquela con obras de Coll, Mozart e Dvořák, baixo a dirección de Nuno Coelho e coa flautista Clara Andrada como solista. En 2025 regresou ao festival para compartir xornada co Cuarteto Quiroga en Ribadeo, cun programa dedicado a Mozart, Haydn e Beethoven. A súa volta a Mondoñedo confirma unha colaboración que se converteu nunha das alianzas sinfónicas máis destacadas do festival.
Con sede no Auditorio Príncipe Felipe de Oviedo, a OSPA desenvolveu unha intensa actividade dentro e fóra de Asturias, construíndo unha traxectoria marcada pola versatilidade, a calidade interpretativa e a excelencia artística. Ao longo de máis de tres décadas traballou con directores e solistas de referencia, participou en importantes festivais nacionais e internacionais e realizou xiras por países como México, Chile, Francia, China ou Estados Unidos.
Nesta nova visita ao Bal y Gay, a orquestra abordou un programa articulado arredor de dúas obras que permiten explorar dúas formas moi distintas de evocación musical. O concerto abriu coa Obertura das Hébridas, op. 26, de Felix Mendelssohn, tamén coñecida como A gruta de Fingal. A obra naceu da impresión que lle causou ao compositor a paisaxe das costas escocesas e transforma esa experiencia nunha partitura de gran forza evocadora, na que a orquestra recrea en son o movemento do mar e a atmosfera do lugar.
A continuación, a Sinfonía n.º 2 en re maior, op. 36, de Ludwig van Beethoven, trasladou o discurso desde a paisaxe exterior cara ao impulso vital dunha das primeiras grandes obras sinfónicas de madurez do compositor. Trátase dunha partitura luminosa, expansiva e chea de enerxía, na que a herdanza clásica convive cunha crecente liberdade expresiva.
Á fronte da OSPA estivo Miguel Sepúlveda, un dos directores novos con maior proxección internacional da súa xeración. Gañador en 2025 do Concurso Internacional de Dirección de Orquestra de Rotterdam, Sepúlveda traballou con formacións como a BBC Philharmonic, a BBC Scottish Symphony Orchestra, Manchester Camerata e a Orquestra Sinfónica do Porto. Tamén foi Runnicles Fellow da Dresdner Philharmonie e Dudamel Fellow da Los Angeles Philharmonic.






















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



