A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, visitou as instalacións do criadoiro de moluscos bivalvos dirixido polo persoal científico do CIMA
O Vicedo, 18 de agosto de 2026. A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, visitou as instalacións do criadoiro de semente de moluscos bivalvos do Vicedo. Durante o percorrido polas instalacións, a representante autonómica subliñou o firme compromiso do Goberno galego por garantir o abastecemento e subministro continuo de cría ao sector marisqueiro, unha peza angular para acelerar a rexeneración e a produtividade dos bancos marisqueiros galegos tras as incidencias climáticas.
A infraestrutura, que conta coa dirección e o soporte científico do equipo profesional do Centro de Investigacións Mariñas (CIMA) de Ribadeo, permite reforzar a capacidade técnica e produtiva de semente de bivalvos en Galicia, achegando solucións directas ás necesidades dos profesionais do mar.
A actividade do criadoiro do Vicedo enmárcase no proxecto Partbiv, unha iniciativa desenvolvida dentro da rede Redemar que une a administración, a comunidade científica e o sector produtivo. Liderado polo CIMA e o Instituto Galego de Formación en Acuicultura (IGAFA), coa colaboración da Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo, o plan conta cun investimento superior aos 700.000 euros cofinanciados polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA).
O obxectivo desta iniciativa é integrar ás propias persoas mariscadoras en todo o ciclo de produción, desde os procesos de acondicionamento de reprodutores e cultivo larvario ata a sementeira final nos bancos naturais. Este traballo conxunto permite optimizar os criterios de selección de exemplares con maior taxa de supervivencia e crecemento, complementando a traxectoria de centros como o CIMA e o IGAFA, que en 2025 entregaron máis de 2,1 millóns de unidades de semente ás confrarías galegas.
Axudas para a adquisición de semente
A directora xeral aproveitou a visita para salientar a posta en marcha da nova orde de axudas publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) o pasado venres 7 de agosto, dotada con 800.000 euros de fondos propios da Xunta para financiar a adquisición de semente destinada a repoboar os bancos damnificados polos temporais e os descensos de salinidade de comezos de ano. O prazo para a presentación de solicitudes remata o vindeiro 14 de setembro.
A convocatoria cobre ata o 100 % do gasto subvencionable, cun límite máximo de 20.000 euros por proxecto e un prezo tope de 0,025 euros por unidade de semente procedente exclusivamente de criadoiro comercial autorizado. Para axilizar a chegada dos fondos ás confrarías de pescadores, cooperativas, organizacións de produtores e entidades asociativas titulares de plans de xestión, a tramitación resólvese por concorrencia non competitiva por estrita orde de entrada e permite solicitar un pagamento anticipado de ata o 50 % da subvención.























No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



