A Mariña, 18 de agosto, 2026. Yulianna Avdeeva ofreceu este luns, 17 de agosto, no Auditorio Hernán Naval de Ribadeo, un dos recitais máis destacados da XIII edición do Festival Bal y Gay. A pianista rusa, gañadora en 2010 do Primeiro Premio do Concurso Internacional de Piano Frédéric Chopin de Varsovia, interpretou un programa esixente e profundamente conmovedor, integrado pola Fantasía cromática e fuga en re menor, BWV 903, de Bach; a Fantasía para piano en si maior, op. 77 e a Sonata n.º 23 en fa menor, op. 57, Appassionata, de Beethoven; e os Doce estudos para piano, op. 25, de Chopin.
A programación do festival continúa este martes 18 de agosto, ás 20:30 horas, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro, coa actuación de La Ritirata, formación dirixida polo violonchelista Josetxu Obregón e especializada na interpretación historicista. Presentarán Fandango, un programa dedicado a Luigi Boccherini.
Virtuosismo, precisión e expresividade
Avdeeva chegou a Ribadeo cunha traxectoria plenamente consolidada nos principais escenarios internacionais. O Concertgebouw de Ámsterdam, o Konzerthaus e o Musikverein de Viena, a Elbphilharmonie de Hamburgo, a Pierre Boulez Saal de Berlín ou o Suntory Hall de Tokio figuran entre as salas nas que actuou. A súa vitoria no Concurso Chopin de Varsovia marcou un punto de inflexión na súa carreira e situouna entre as grandes intérpretes do repertorio pianístico. Desde entón, desenvolveu unha intensa actividade internacional cun repertorio que abrangue desde Bach ata a música do século XX.
En Ribadeo, a pianista presentou un programa articulado arredor de tres piares fundamentais da literatura para piano. A Fantasía cromática e fuga en re menor, BWV 903, de Bach, abriu o recital cunha escritura que esixe combinar a liberdade expresiva da fantasía co rigor contrapuntístico da fuga. Beethoven ocupou a parte central da primeira metade coa Fantasía para piano en si maior, op. 77 e a Sonata n.º 23 en fa menor, op. 57, Appassionata, permitindo a Avdeeva transitar entre a liberdade formal da primeira e a intensidade dramática dunha das sonatas máis esixentes do compositor.
A segunda parte estivo dedicada integramente a Chopin e aos seus Doce estudos para piano, op. 25, un repertorio especialmente significativo na carreira da pianista. Cada estudo presenta un desafío técnico e musical específico, ao tempo que reclama un carácter propio dentro dun conxunto concebido como unidade. Avdeeva converteu estes estudos nun dos espazos onde mellor se aprecia a súa combinación de virtuosismo, precisión e expresividade.

























Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.