Cariño, 18 de agosto, 2026. Como explica o concelleiro de Cultura, Andrés Balado, o traballo que o artista fará no municipio buscará “render homenaxe a todas as persoas que contribuíron a crear a identidade e o legado do municipio”.
O muralista galego e gañador do Mellor Mural do Mundo 2025 do Street Art Cities, Wedo Goás, deixará a súa impronta artística en Cariño. En concreto, farao na rampla do Castro, onde o autor comezou xa a traballar nunha obra coa que se buscará un claro obxectivo: render homenaxe a todas as persoas que contribuíron a crear a identidade e o legado de Cariño. Así, como explica o concelleiro de Cultura, Andrés Balado, “con este traballo preténdese precisamente, manter viva parte da historia e das raíces que foron construíndo ao longo dos anos o noso orgullo e sentimento polo municipio”.
A confección desta peza realízase en colaboración coa Xunta de Galicia e constitúe o primeiro paso dun proxecto de futuro co que o goberno local pretende poñer en valor e transmitir diferentes capítulos da historia, a cultura e as tradicións de Cariño e da súa veciñanza.
Sobre o autor
Edgar Goás Blanco, máis coñecido como Wedo Goás, naceu no 1990 nas Pontes de García Rodríguez. Desde ben cativo amosou unha grande paixón polo debuxo, a pintura e o mundo artístico, que o levaron a formarse en diferentes escolas especializadas.
Ao longo da súa traxectoria participou nunha trintena de festivais de arte nacionais e internacionais e, no 2025, acadou o galardón como Mellor Mural do Mundo concedido por Street Art Cities co seu traballo As Mouras de Fene.

























Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.