Alfoz, 18 de agosto, 2026. O delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Alfonso Villares, visitou este martes o Concello de Alfoz, onde mantivo unha reunión coa alcaldesa, Efigenia Maseda, e membros do equipo de goberno para revisar os investimentos da administración autonómica no municipio e analizar actuacións prioritarias.
Durante o encontro, o executivo local trasladou ao delegado varias peticións centradas na mellora de infraestruturas e servizos, especialmente aquelas de competencia autonómica ou que requiren colaboración entre ambas administracións.
Melloras na estrada LU-160
Un dos asuntos principais foi o estado da LU-160 ao seu paso por Alfoz. O Concello detectou deterioro do firme en varios puntos, especialmente na contorna da Seara, un cruce con elevada intensidade de tráfico que dá acceso ao centro de saúde, ao centro educativo, aos comercios e ás dependencias municipais.
Tamén se abordou a situación da LU-160 na área da Pontenova, onde existen deficiencias tanto na calzada principal como no acceso e na zona de estacionamento de titularidade autonómica. O goberno municipal incidiu na necesidade de acometer melloras pola alta afluencia de vehículos e peóns.
Senda peonil e humanización de beirarrúas
O Concello solicitou avanzar na continuidade da senda peonil Reirado–Valadouro, aprobada por unanimidade no Parlamento de Galicia en 2024. Ademais, pediu a humanización e modernización das beirarrúas entre Vilaúde e A Seara, incluíndo a separación das augas pluviais.
Actuacións en espazos públicos e centros educativos
Entre as peticións trasladadas figuran:
Arranxo do parque da área recreativa da Pontenova, debido ao deterioro das instalacións.
Limpeza da Pontenova, datada no século XVIII.
Melloras en centros educativos: substitución de ventás en escolas unitarias das parroquias, rehabilitación das antigas vivendas dos mestres da escola unitaria de Mor e cambio das ventás do CEIP Plurilingüe Castro de Ouro.
Valoración da alcaldesa
A alcaldesa, Efigenia Maseda, destacou a utilidade da reunión e agradeceu “o interese e a disposición amosada polo delegado territorial para coñecer de primeira man as necesidades de Alfoz e estudar as diferentes propostas que lle trasladamos”.
A rexedora subliñou que “para un concello como o noso é fundamental manter unha relación fluída e unha colaboración constante co resto das administracións. Temos diferentes necesidades e proxectos nos que a implicación da Xunta é importante, polo que agradecemos a vontade de diálogo e colaboración manifestada nesta visita”.
Desde o goberno municipal consideran estes encontros unha oportunidade para trasladar directamente ás administracións as necesidades do territorio e avanzar na procura de solucións e novos investimentos para Alfoz.
























Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.