O rexedor Pedro Fernández destaca o salto cualitativo na calidade do servizo, a sustentabilidade enerxética e a ampliación de capacidade ata as 20 prazas na emblemática parada fronte á praia de Represas
Tapia de Casariego, 18 de agosto de 2026. O Concello de Tapia de Casariego acolleu este martes o acto oficial de reapertura do Albergue Municipal de Peregrinos, situado no emblemático paraxe costeiro de Represas. A cita contou coa intervención do alcalde da localidade, Pedro Fernández, acompañado pola vicepresidenta do Principado de Asturias, Gimena Llamedo, así como por membros da corporación municipal, representación das bandas de gaitas e veciñanza do municipio.
Durante a súa intervención, o alcalde Pedro Fernández subliñou que a reapertura ten lugar nun “marco incomparable” e en “plena bullicio de la época estival”, tras unha reforma integral acometida ao longo do ano 2026 centrada na eficiencia enerxética, na modernización das instalacións e na mellora substancial das condicións de acollida ao peregrino no seu paso polo Camiño de Santiago do Norte.
Cuidar y modernizar esta instalación es una apuesta decidida por un tipo de turismo más interesante y necesario para un destino turístico como el nuestro, afirmou Pedro Fernández.
Melloras técnicas e ampliación de capacidade
As obras, cun investimento total superior aos 200.000 euros, permitiron actuar por completo na envolvente térmica do edificio, instalando illamento térmico en fachadas interiores e exteriores, renovando carpinterías e sistemas enerxéticos, así como colocando paneis fotovoltaicos na fachada principal. Estas actuacións garanten un importante aforro enerxético e o consumo de enerxías renovables sostibles.
Así mesmo, a redistribución do espazo interior permitiu optimizar a capacidade de aloxamento do inmoble, pasando das 16 prazas orixinais a un total de 20 prazas para atender a elevada demanda de camiñantes rumbo a Santiago de Compostela.
CLAVES DA ACTUACIÓN
– Investimento total: máis de 200.000 € financiados a través de fondos do Plan de Recuperación (Next Generation EU) articulados polo Goberno do Principado de Asturias.
– Eficiencia enerxética: illamento térmico integral e colocación de paneis solares fotovoltaicos para un consumo sostible.
– Ampliación de aforo: incremento da capacidade de 16 a 20 prazas.
– Regulación do servizo: aplicación da nova ordenanza municipal aprobada en 2024 para fixar un prezo público orientado á alta calidade asistencial.



















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



