Site icon Crónica3.com A Mariña

ABANCA renova a súa alianza co GDR Terras de Miranda con solucións de crédito e outros produtos e servizos deseñados a medida

Ambas entidades rubrican, un ano máis, a súa colaboración e ofrecen solucións a medida para o colectivo co obxectivo de dinamizar a economía da zona

Mondoñedo, 30 de abril, 2025. ABANCA e o Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Asociación Terras de Miranda veñen de renovar, un ano máis, o acordo de colaboración que manteñen co obxectivo de impulsar a economía da zona a través de solucións de financiamento para o día a día das empresas que conforman o grupo e para a creación de emprego e autoemprego.

O acordo foi asinado hoxe en Mondoñedo, polo director de zona de ABANCA na Mariña – Terra Chá, José Ángel Méndez, e o presidente do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Terras de Miranda, Vidal Martínez-Sierra. O encontro serviu tamén como foco de conversación entre ambas partes, polo que os dous representantes aproveitaron para poñer sobre a mesa os retos actuais aos que se enfrontan os diferentes sectores económicos que conforman o grupo e acordaron manter un contacto fluído para abordar posibles retos e necesidades do futuro.

No convenio recóllense diferentes solucións especializadas e deseñadas a medida para o GDR, como os préstamos, liñas de crédito, avais, desconto comercial, confirming, anticipo de subvencións ou o pagamento de impostos. Así mesmo, os proxectos do sector agrogandeiro poderán acceder á liña de financiamento Agro Multidestino, un produto exclusivo de ABANCA que unifica nun só contrato o financiamento máis habitual de circulante co conseguinte aforro de custos. Todo isto sen esquecer a experiencia da rede comercial máis extensa no ámbito territorial do GDR.

As persoas que conforman o GDR terán acceso tamén ao Programa Servizos ABANCA, que permite aforrar no pagamento dos servizos bancarios máis habituais. Ademais, a entidade financeira conta con xestores e xestoras especializadas en materia de seguros ou banca electrónica, entre outros, para as persoas interesadas. Desde as oficinas de ABANCA facilitarase tamén toda a información relativa ás opcións de financiamento dispoñibles a través dos convenios oficiais que o banco subscribe con diversos organismos públicos.

O documento fai especial fincapé no plan ‘ABANCA Emprendedores e Profesionais’, unha solución ideada para complementar a xubilación das persoas traballadoras autónomas. Trátase dun plan de pensións de emprego simplificado que permite aos profesionais por conta propia xerar un maior aforro que os tradicionais plans individuais.

Exit mobile version