Ribadeo, 19 de xuño de 2026. Ribadeo acolle este venres, 19 de xuño, o Foro de Turismo España Verde. O alcalde, Dani Vega, explicou que “Ribadeo vai acoller o Foro de Turismo España Verde, u... Ler máis
Ambas as entidades traballan nun acordo que promove o crecemento sostible das empresas e reforza a creación de emprego e a dinamización da zona Mondoñedo, 7 de maio, 2026. ABANCA e o Grupo d... Ler máis
Daniel García sinala “o relevo xeracional como unha prioridade nas políticas de desenvolvemento rural” no Foro Labrego de Agroecoloxía organizado polo Sindicato Labrego Galego Mo... Ler máis
O Sindicato Labrego Galego organiza a xornada co apoio da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo Lugo, 3 de febreiro de 2026. Este mediodía presentouse no Pazo de San Marcos... Ler máis
Ribadeo, 11 de outubro de 2025. Esta fin de semana celebrouse Ribadeo en Rede, “un punto de encontro arredor das oportunidades que nos unen”, explican desde o Concello. O alcalde, Dani Vega,... Ler máis
Foz, 28 de xullo, 2025. As xornadas de historia organizadas pola asociación A Pomba do Arco continúan este martes 29 de xullo ás 20:30 na Casada da Cultura de Foz co investigador laurentino... Ler máis
Ambas entidades rubrican, un ano máis, a súa colaboración e ofrecen solucións a medida para o colectivo co obxectivo de dinamizar a economía da zona Mondoñedo, 30 de abril, 2025. ABANCA e o... Ler máis


















Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.



