Ambas as entidades traballan nun acordo que promove o crecemento sostible das empresas e reforza a creación de emprego e a dinamización da zona
Mondoñedo, 7 de maio, 2026. ABANCA e o Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Terras de Miranda acaban de renovar un ano máis o seu acordo de colaboración. O obxectivo da alianza é impulsar a economía da zona con solucións de financiamento para o día a día das empresas que conforman o grupo e a creación de emprego e autoemprego.
O acordo foi asinado en Mondoñedo polo director de zona de ABANCA na Mariña-Terra Chá, José Ángel Méndez, e o presidente do GDR, Vidal Martínez-Sierra. Ambos representantes aproveitaron o encontro para conversar sobre a situación e os retos actuais aos que se enfrontan os distintos sectores económicos deste territorio de Lugo e acordaron manter un contacto habitual e fluido para abordar posibles retos e necesidades do futuro.
O acordo especifica distintas solucións especializadas e creadas a medida para o GDR Terras de Miranda, como os préstamos, liñas de crédito, avais, desconto comercial, confirming, anticipo de subvencións ou o pagamento de impostos. Ademais, os proxectos do sector agrogandeiro poderán acceder á liña de financiamento Agro Multidestino, un produto exclusivo de ABANCA que unifica nun só contrato o financiamento máis habitual de circulante co conseguinte aforro de custos. Todo isto sen esquecer a experiencia da rede comercial máis extensa no ámbito territorial do GDR.
As persoas que forman parte da agrupación terán acceso tamén ao Programa Servizos ABANCA, que permite aforrar no pagamento dos servizos bancarios máis habituais. Ademais, a entidade financeira conta con xestores e xestoras especializadas en materia de seguros ou banca electrónica, entre outros, para as persoas interesadas. Desde as oficinas de ABANCA facilitarase tamén toda a información relativa ás opcións de financiamento dispoñibles a través dos convenios oficiais que o banco subscribe con diversos organismos públicos.
Así mesmo, o documento fai especial fincapé no plan ‘ABANCA Emprendedores e Profesionais’, unha solución ideada para complementar a xubilación das persoas traballadoras autónomas. Trátase dun plan de pensións de emprego simplificado que permite aos profesionais por conta propia xerar un maior aforro que os tradicionais plans individuais.
























A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.



