Navia, 7 de maio de 2026. O Concello de Navia concluíu o proceso de licitación das obras de impermeabilización e eliminación de humidades da Praza de Abastos. A mesa de contratación adxudicou os traballos á empresa Tamer Construcciones Industriales Técnicas y Servicios Medioambientales, SL, por un importe total de 337.374,89 euros.
Tras esta adxudicación, ábrese agora o prazo administrativo para a sinatura do contrato e a presentación do Plan de Seguridade e Saúde. Unha vez formalizada a acta de replanteo, iniciarase unha obra moi agardada en Navia.
O proxecto non se limita á impermeabilización e finalización da cuberta —que funciona como praza pública—, senón que inclúe unha renovación profunda para modernizar as instalacións e mellorar o servizo ás persoas usuarias. Entre as actuacións previstas destacan:
– Substitución da carpintaría e mellora do illamento exterior para optimizar a eficiencia enerxética.
– Renovación completa do sistema de ventilación.
– Instalación dunha nova iluminación en todo o recinto.
Cómpre lembrar que a intervención conta co visto bo da Dirección Xeral de Patrimonio, requisito indispensable ao tratarse dun inmoble situado no trazado do Camiño de Santiago. Con esta adxudicación, o equipo de goberno reafirma o seu compromiso coa recuperación do patrimonio local e co impulso da actividade comercial da vila.






















A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.



