Daniel García sinala “o relevo xeracional como unha prioridade nas políticas de desenvolvemento rural” no Foro Labrego de Agroecoloxía organizado polo Sindicato Labrego Galego
Mondoñedo, 7 de febreiro de 2026.O deputado de Rural, Daniel García, participou esta tarde na inauguración do VIII Foro Labrego de Agroecoloxía, organizado polo Sindicato Labrego Galego en Mondoñedo. O encontro, que se celebra hoxe e mañá, centra os seus relatorios, debates e visitas en torno ao relevo xeracional no sector agrario.
García coincidiu coa organización en sinalar o relevo xeracional como “unha prioridade no deseño das políticas de desenvolvemento rural e na resposta á crise demográfica que afecta á provincia de Lugo”. Ademais, trasladou o apoio da área de Rural “a modelos produtivos sustentables, respectuosos co medio e coa tradición agraria”.
A xornada contou con intervencións de expertos e representantes do sector, entre eles Vidal Martínez Sierra (GDR Terras de Miranda), Xosé María García Vilaverde (SLG), Mar Pérez Fra (USC), Guillermina Fernández Villar (Laborate-USC), Miguel Teixido Sotelo (GDR Seitura 22), Alba Vázquez Lema (FP Agroecoloxía), Laura Megias Garriga (Rede estatal de Espazos Test Agrarios), Eva López Quiroga (Espazo Test Eoalimenta) e Víctor Álvarez Arias (Consellería do Medio Rural).
O Foro, que reúne máis de 80 persoas inscritas, incluíu tamén unha visita á gandería de vacún de carne de Bruno Botana, en Estelo. As actividades continuarán durante a xornada do domingo.























Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.



