Foz, 8 de febreiro, 2026. A asociación cultural A Pomba do Arco celebrará o domingo 15 de febreiro, ás 20:30 horas, no salón de actos do colexio Martínez Otero de Foz, unha nova edición do Touporroutou, un dos espectáculos clásicos do Entroido focego. A representación correrá a cargo do grupo Touporroutou Teatro e das pandeireteiras da Subela.
Chamamento á participación veciñal
A entidade organizadora anima a toda a veciñanza a colaborar coa actividade, achegando as súas coplas ás caixas distribuídas en diversos establecementos de Foz. Segundo indica a asociación, estas caixas están dispoñibles en: “Eskina”, “Anduriña”, “Urban”, “Muelle Bar”, “Cevexaría Augas Santas”, “Funcional”, “Happy Days”, “Pachán”, “Chapela”, “A Bolera”, “Casa Damián”, “Dandy” e “Xoiña”.
Nova vía de participación: envío por correo electrónico
Como novidade, A Pomba do Arco habilita tamén o correo apombadoarco@gmail.com para que quen o desexe poida enviar as súas composicións de maneira dixital.
A data límite para entregar as coplas nas caixas dos establecementos hostaleiros será o venres 13 de febreiro ás 20:00 horas.
Unha crónica satírica da vida local
A asociación lembra que o éxito e continuidade do Touporroutou depende da implicación da veciñanza. Por iso anima os focegos e focegas a elaborar coplas e cantigas sobre os temas que consideren de interese, co obxectivo de que o espectáculo volva ser unha auténtica crónica satírica da vida social de Foz ao longo do último ano.






















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.



