Foz, 28 de xullo, 2025. As xornadas de historia organizadas pola asociación A Pomba do Arco continúan este martes 29 de xullo ás 20:30 na Casada da Cultura de Foz co investigador laurentino Vidal Martínez-Sierra, quen se achegará á presenza dos maragatos na Mariña. A este respecto, Martínez-Sierra ten documentado que os maragatos comezaron a asentarse na comarca a finais do século XIX, ficando aínda na zona moitas familias desa orixe en localidades como Mondoñedo, Ribadeo, Foz, Lourenzá ou Cervo.
Martínez-Sierra sinala que durante séculos, as recuas de arrieiros maragatos percorreron os principais portos da Mariña na procura de peixe para abastecer as cidades e vilas do interior do Estado, especialmente Madrid. No camiño de ida traían produtos de terras de secaño moi apreciados na comarca, ben pola súa escaseza aquí, ou ben pola súa calidade superior debido ás condicións climáticas, garantindo así que non viaxasen baleiros en ningunha das dúas direccións.
Os maragatos, procedentes da comarca leonesa da Maragatería, cuxa capital se corresponde coa cidade de Astorga, non comezaron a estabelecerse na Galiza até finais do século XIX, como consecuencia da chegada do ferrocarril. Neste época, creouse na Mariña un especie de cadea migratoria onde os elos se foron asentando ao longo das principais rutas ou camiños da comarca, desde a parada de ferrocarril máis próxima, que era Rábade.
O palestra de Martínez-Sierra achegará información sobre algunhas das familias de orixe maragato que se emprazaron na Mariña. Así, entres estes, falará dos Rodríguez Alonso de Lourenzá, dedicados aos negocios do xamón; dos Morán de Mondoñedo, empresarios do transporte cuxo negocio continúas os seus descendentes; dos Xan Netos de Mondoñedo, propietarios de Almacéns Otero; dos Blas Otero de Cervo, titulares do Almacén; ou dos Nistales, empresarios do transporte e fundadores da Empresa Ribadeo e dos Morán, comerciantes emprazados en Ribadeo.
As catro familias maragatas de Foz
Martínez-Sierra explicará a relación dos maragatos con Foz a través catro familias, cuxos descendentes continúa relacionadas coa localidade. Una delas, residía na Plazuela, nun vivenda situada fronte á actual á Casa da Cultura, sendo o primeiro membro da mesma que chegou a Foz Antonio Alonso Rodríguez. Outra, emprazouse na zona do porto, primeiramente no inmóbel que despois foi o bar O Lar, e tivo como primeira a Jesús Rodriguez. Juan Francisco Morán tivo a súa vivenda no barrio focego de Vilaxoane e Esteban García Seco en Nois.
Vidal Martínez-Sierra, licenciado en Veterinaria e funcionario da Xunta da Galiza e alcalde de Lourenzá entre 1999 e 2012, desenvolve unha intensa labor como investigador sobre a historia da comarca da Mariña. Neste sentido, algúns dos obxectos do seu estudo son as empresas de transporte de viaxeiros na comarca, a emigración mariñá a América latina ou sociedades agrarias no período da I Restauración.
A literatura de tradición oral na Mariña
As xornadas continúan o mércores 30 de xullo ás 20:30 cunha palestra do escritor e cronista oficial de Antonio Reigosa. Na súa exposición, percorrerá o variado repertorio temático dos principais xéneros (mitos, lendas, contos, romances, cántigas…) da chamada literatura popular de tradición oral que forneceron ao longo do tempo os concellos que conforman a comarca da Mariña. A palestra de Reigosa permitirá recuperar algunhas das lendas e contos máis caros para os mariñaos.























Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.



