Muras, 29 de maio, 2026. Na tarde de hoxe o BNG celebrou en Muras unha xornada de traballo e análise sobre a enerxía eólica e sobre as posibilidades de garantir que esta xere un beneficio social real para a veciñanza.
Unha primeira mesa centrada no modelo enerxético
A primeira mesa de análise contou coa participación de Xosé Manuel Golpe, consultor enerxético na Oficina de Transformación Enerxética da Deputación da Coruña, experto no mercado eléctrico e pioneiro no desenvolvemento de comunidades enerxéticas. Xunto a el interviñeron Queico da Silva e Fernando Branco Parga, membros do colectivo Bidán e autores de diversas publicacións sobre o sector eléctrico, que viaxan por todo o Estado coñecendo modelos alternativos de xestión enerxética.
A segunda mesa: visión institucional e experiencia municipal
A segunda mesa estivo integrada por Olalla Rodil e Daniel Castro, deputad@s no Parlamento de Galiza, acompañados polo alcalde de Muras, Manuel Requeixo. Participaron tamén as concelleiras Paula Gómez e Azucena Camba.
O Xistral: moitos beneficios empresariais, pouco retorno social
Na Serra do Xistral —que abrangue montes dos concellos de Abadín, Alfoz, Cervo, Mondoñedo, O Valadouro, Ourol, Viveiro, Xove, Muras, Vilalba, Xermade e As Pontes— existen máis de 1.300 aeroxeradores en funcionamento nunha superficie de 229 km². Estes parques xeran elevados beneficios para as empresas eléctricas, moi afastados do escaso retorno social que reciben os concellos e a súa veciñanza. A única excepción salientable é Muras, gobernado polo BNG, que leva anos impulsando políticas pioneiras neste ámbito.
PP e BNG: dúas visións opostas sobre a riqueza eólica
Durante a xornada contrapúxose a postura dun PP que actúa en favor dos intereses das eléctricas coa do BNG, que defende que a riqueza xerada polo vento debe beneficiar á xente. O exemplo máis claro é o concello de Muras, o municipio con máis muíños eólicos de Galiza, onde o goberno nacionalista puxo en marcha medidas pioneiras para abaratar a factura da luz e vén de acadar un acordo salientable con Iberdrola.
Segundo explicaron os participantes, este acordo supón “un cambio de paradigma que demostra que unha negociación firme coas eléctricas consegue moito máis que a submisión que practica o Partido Popular”. Engadiron tamén que “un concello do BNG foi capaz de facer o que Rueda é incapaz: negociar cara a cara cunha multinacional para lograr un reparto máis xusto da riqueza eólica”.
O Modelo Muras debe ser tamén o Modelo Xistral
As intervencións das dúas mesas coincidiron na necesidade de exportar o Modelo Muras ao conxunto dos concellos do Xistral. Reclamouse que todas as forzas políticas incorporen esta visión aos seus programas para as eleccións municipais de 2027 e a leven á práctica cando accedan aos gobernos locais.
Só así —defenderon— se poderá garantir que os beneficios do vento revertan realmente nos concellos e na veciñanza, negociando con firmeza e en pé de igualdade coas eléctricas.
As propostas do BNG para un reparto xusto da riqueza eólica
O BNG puxo enriba da mesa tres liñas de actuación fundamentais:
1. Que as eléctricas paguen impostos en función da potencia instalada, independentemente de se esta se distribúe en 20 muíños ou en só dous.
2. Promover a participación pública e comunitaria na xestión e aproveitamento dos recursos eólicos, especialmente no relativo ao impacto local.
3. Ampliar os posibles destinos de investimento do canon eólico, permitindo que os concellos poidan destinar estes fondos tamén á creación de emprego, ao mantemento de servizos básicos ou á dinamización do rural.























O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



