Muras, 29 de maio, 2026. Na tarde de hoxe o BNG celebrou en Muras unha xornada de traballo e análise sobre a enerxía eólica e sobre as posibilidades de garantir que esta xere un beneficio so... Ler máis
Terá lugar este venres 29 de maio ás 17:30 horas no Local Social da rúa Enrique Guzmán. A primeira mesa, dedicada aos diferentes modelos de obter beneficio, contará con Fernando Branco Parga... Ler máis
As producións de mel locais son as protagonistas da feira, que se celebra o 16 de novembro no Viveiró Muras, 14 de novembro de 2025. Muras celebra esta fin de semana a Feira do Mel de Montañ... Ler máis
Muras, 23 de outubro de 2025. Muras acollerá o vindeiro 9 de novembro a oitava edición do Trail das Besats, unha cita de referencia no calendario galego de carreiras por montaña e integrada... Ler máis
O Concello de Muras organiza a feira, que conta co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo Muras, 22 de setembro de 2025. O Concello de Muras celebrará o vindeiro 28 de setembro unha... Ler máis
Lugo, 22 de setembro de 2024. Muras celebrou domingo un nova edición da Feira do Poldro, coa colaboración da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. A tenente de alcalde e co... Ler máis
O Concello de Muras organiza a feira, que conta co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo Muras, 10 de setembro de 2024. O Concello de Muras celebrará o vindeiro 22 de setembro unha... Ler máis
Lugo, 15 de setembro de 2023. Muras celebrará o vindeiro 24 de setembro unha nova edición da Feira do Poldro e do Gando de Monte, co apoio de Medio Rural da Deputación de Lugo. O deputado de... Ler máis


















O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



