Lugo, 15 de setembro de 2023. Muras celebrará o vindeiro 24 de setembro unha nova edición da Feira do Poldro e do Gando de Monte, co apoio de Medio Rural da Deputación de Lugo. O deputado de Medio Rural Daniel García, o alcalde de Muras Manuel Requeijo, a tenente de alcalde Paula Gómez, Laura Peteiro de Puraga e Benigno Gómez da Asociación Atila, presentaron esta tarde en San Marcos o programa da feira, que pon en valor a actividade gandeira e promociona a carne de poldro e do gando de monte.
A tenente de alcalde, Paula Gómez, encargada da coordinación do programa da feira, destacou a importancia da gandeiría para o concello e agradeceu a colaboración de gandeiras e gandeiros, de Atila e de Puraga na organización da feira, que, explicou, “comezará o sábadocunha degustación de carne e xogos rurais, a cargo de Atila, que pretende servir de premio e recoñecemento para todas as persoas que se involucran na organización da Feira”.
O domingo, o recinto feiral, onde se concentra a compra venda de gando, abrirá ás 10.00 horas. O mercado prolongarase durante a mañá, con actividades paralelas como unha exhición de escultura de madeira con motoserra, un concurso morfolóxico de Puraga ou unha homenaxe á Asociación Atila, que con 200 persoas socias aglutina a paixón polo cablo en Muras e na contorna. Durante a xornada, as máis pequenas e pequenas poderán disfrutar de actividades propias como bautismos hípicos.
Unha das novidades do programa son as carreiras de andadura libre, que se celebrarán durante a tarde, nas modalidaes serrada e chapeada. Tanto para as carreiras como para o concurso de animais requírese inscrición previa, no enderezo electrónico administracion@muras.gal ou a través da sede electronica do Concello de Muras. O prazo está aberto ata o o día 21, para as carreiras, e ata o 22, para o concurso de animais.
O deputado de Medio Rural valorou “a tradición desta feira gandeira que, ademais de xenerar unha actividade económica importante, supón unha o oportunidade para recoñecer o valor ambiental, social e cultural da gandería e dos sistemas tradicionais de cría no monte” e remarcou a “importancia da gandeiría extensiva para o equilibrio territorial e para unha produción alimentaria de calidade e proximidade”, apuntou.
Feira do Poldro e do Gando de Monte: programa
Sábado, 23 de setembro
. 20.00h. Degustación de hamburguesa de carne de poldro 100% raza autóctona
· 20.30h. Xogos rurais a carga da asociación ATILA
Domingo, 24 de setembro
· 10.00 h. Apertura da feira
– 10.30 h. Calificación do gando
– 11.00 h. Exhibición de escultura de madeira con motoserra
– 11.00 h. Concurso morfolóxico Puraga
· 12.00 h. Homenaxe Asociación Atila
– 12.30 h. Degustación de hamburguesa de carne de poldro 100% raza autóctona
· 13.00 h. Carreiras de Cabalo Marchador Galego (Puraga)
– 15.30 h. Presentación de carreiras de andadura
– 15.45 h. Comezo carreiras de andadura
– 19.00 h. Entrega de premios
Actividades infantís de balde:
Bautismo hípico (Pony Club), de 12.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 18.00 horas
Hinchables e toro mecánico, de 11.30 a 14.30 horas.























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



