A Mariña, 29 de maio, 2026 A CIG-Ensino manifesta o seu apoio ás reivindicacións das comunidades educativas do CEIP Plurilingüe Vista Alegre, IES Perdouro e CEIP Plurilingüe Os Castros, en Burela, así como do CEIP do Vicedo, que levan tempo denunciando deficiencias estruturais, problemas de mantemento e falta de dotacións básicas.
O sindicato acusa á Consellaría de Educación de manter unha situación de “desleixo continuado” que está a provocar que alumnado e profesorado desenvolvan a súa actividade en instalacións deterioradas, inseguras e non dignas, condicionando o normal funcionamento escolar.
CEIP Plurilingüe Vista Alegre (Burela): un caso especialmente grave
A CIG-Ensino sinala que o Vista Alegre acumula deficiencias estruturais e de mantemento que levan anos sen solución, malia as reiteradas denuncias.
Entre os problemas máis destacados:
Peche exterior en mal estado
Barreiras arquitectónicas e falta de accesibilidade
Aseos e fontanería con fugas constantes
Ventás e persianas deterioradas
Pavimentos, paredes e zonas de xogo en mal estado
Filtracións, goteiras e elementos estruturais deteriorados
Pista deportiva sen cubrir, limitando a actividade física
O sindicato subliña que non se trata de incidencias puntuais, senón dunha falta de planificación e investimento prolongada no tempo.
CEIP do Vicedo: deterioro estrutural e problemas de salubridade
A comunidade educativa do CEIP do Vicedo leva tempo alertando de:
Ventás en mal estado
Deterioro perigoso na parede do comedor
Presenza de pragas, posiblemente relacionadas coa couza
A CIG denuncia que a falta de investimento está a xerar condicións indignas e perigosas para alumnado e profesorado.
IES Perdouro (Burela): accesibilidade e seguridade insuficientes
O IES Perdouro continúa con:
Ausencia de ascensor ou salvaescaleiras
Escaleiras e pavimentos esvaradíos
Pista deportiva sen cubrir nin perimetrar
Deficiencias en eficiencia enerxética e instalacións de auga
Un informe recente de prevención de riscos xa advertiu destes problemas.



























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.


