Os senadores reclaman “medidas claras, eficaces e coordinadas” para “garantir o cumprimento da normativa da cadea alimentaria” sumándose á iniciativa da Xunta que, da man do sector, xa reforzou os controis sobre os novos contratos e a trazabilidade do produto
Monterroso, 29 de maio de 2026. O Partido Popular lucense esixe ao Goberno de España “firme compromiso” na defensa do sector lácteo ante a actual situación de inestabilidade de prezos, incremento dos custos de produción e desequilibrio na cadea de valor. Nese sentido, os populares reclaman ao Goberno de Sánchez mellorar a posición negociadora dos produtores, as condicións dos contratos do leite e modificar a Lei da Cadea Alimentaria para garantir a súa eficacia real e efectiva, así como o paquete lácteo.
Os senadores José Manuel Barreiro e José Manuel Balseiro presentaron esta proposta que defenderán no Senado durante unha visita a unha explotación gandeira de Monterroso -a SAT Gocalvesa, de 3 socios, e 270 vacas en ordeño- acompañados polo alcalde de localidade, Eloy Pérez, na que destacaron “a calidade do leite galego” potenciada baixo o selo Galega 100% e “as boas prácticas” dun sector que é “estratéxico para Galicia en xeral e para a provincia de Lugo en particular”. Nese sentido, coinciden cos gandeiros en reclamar que “o leite non se pague por debaixo dos custos de produción e se garanta unha marxe de beneficio”.
Os senadores lembraron que “a nosa comunidade é a principal produtora de leite en España e unha das principais rexións produtoras de Europa” e ten unha “forte implantación territorial”; xa que “as explotacións gandeiras favorecen a cohesión social e territorial” xerando actividade económica, emprego e asentamento da poboación no rural.
Nese sentido, reclaman “medidas claras, eficaces e coordinadas” para “garantir o cumprimento da normativa da cadea alimentaria” sumándose á iniciativa da Xunta que, da man do sector, xa reforzou os controis sobre os novos contratos e a trazabilidade do produto.
A iniciativa que o Grupo Popular defenderá na Comisión de Agricultura, Gandería e Alimentación recolle, entre outras medidas, o reforzo inmediato dos controis sobre os contratos lácteos para garantir a recollida do leite e evitar a perda do non recollido; a modificación do Real Decreto sobre as condicións de contratación do sector lácteo para reforzar a posición negociadora dos produtores e flexibilizar períodos de revisión cando as circunstancias o esixan e a modificación da Lei da Cadea Alimentaria para a súa mellora co obxectivo de que todos os eslavóns da cadea teñan información sobre os custos de produción.
Así mesmo, os populares esixen ao Goberno de España convocar o Observatorio da cadea; intensificar -no ámbito das súas competencias e en coordinación coas comunidades autónomas- actuacións de inspección e control de trazabilidade, etiquetado e orixe do leite e produtos lácteos; reforzar medios materiais e humanos para estas tarefas; impulsar campañas de información e promoción dirixidas a reforzar o coñecemento da orixe, calidade, trazabilidade e valor económico por parte dos consumidores. E, por suposto, exercer unha defensa firme do sector lácteo español ante as institucións europeas.




















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.



