Lugo, 29 de maio de 2026. A Presidenta da Deputación, Carmela López, presentou esta mañá nos xardíns do Pazo de San Marcos a programación da fan zone que se está a organizar en Burela con motivo do partido de fútbol entre as seleccións de España e Cabo Verde. A cita, impulsada polo colectivo Fanto Fantini, conta cunha achega de 20.000€ da institución provincial e aproveitará a cita do Mundial 2026 prevista para o vindeiro 15 de xuño, en Atlanta, para converterse nun punto de encontro de convivencia, cultura, música e comunidade.
Carmela López, que estivo acompañada polo director da proposta, Anxo Ferreira, destacou que “a realidade multicultural de Burela require respostas innovadoras como esta. Baixo o título De Cabo a Cabo, este festival integra cultura, deporte e economía local”. Valorou tamén que a celebración posiciona Lugo como un referente na cohesión comunitaria e lembrou que unha de cada dez persoas que viven en Burela é de orixe caboverdiana.
Ferreira explicou que a cita ofrecerá unha programación na que se combinarán concertos, creación contemporánea, showcookings, actividades deportivas, artesanía, mesas de debate e diferentes espazos de encontro.
A Praza da Mariña será o escenario principal dun evento que contará con diferentes localizacións repartidas por toda a vila. Neste punto quedará instalada a pantalla xigante para a retransmisión do partido de fútbol e será tamén o espazo para a música e a intervención artística de Alicia Alonso, que en colaboración co Instituto Monte Castelo e coa Confraría de Pescadores, transformará un dos elementos máis representativos da identidade mariñeira de Burela nunha gran obra colectiva. No parque Rosalía de Castro e na praia urbana terán lugar diferentes torneos de fútbol 3×3 e fútbol praia nos que o trofeo será a camiseta do futbolista galego Borja Iglesias.
A achega da institución provincial servirá para cubrir a infraestrutura técnica e loxística necesarias, axudar á contratación das actividades culturais, afrontar os gastos da organización e da loxística operativa indispensable para o desenvolvemento deste evento.
Baiuca e artistas da escena afroatlántica
Baiuca, un dos proxectos musicais galegos con maior proxección internacional da última década e referente da fusión entre tradición e electrónica contemporánea, será una das principais propostas musicais. O cartel contará tamén con artistas ligados ás escenas afroatlánticas e electrónicas actuais como DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya.



























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.


