O mandatario provincial enmarcou este acordo no compromiso de colaboración da institución cos concellos para que poidan ofrecer máis e mellores servizos á veciñanza e valorou que a actuación “mellora a accesibilidade a recursos municipais básicos”
Lugo, 28 de xullo de 2025. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o Alcalde de Xermade, Roberto García Pernas, veñen de supervisar no municipio chairego a renovación completa das beirarrúas das avenidas das Pontes e Vilalba -no centro da vila- grazas a un acordo de colaboración entre ambas administracións por un importe que supera os 200.000€. A actuación, para a que a institución provincial achegaba máis do 90% dos fondos, serviu tamén para a construción dunha senda peonil paralela á estrada que vai a Momán.
“Tratase dunha actuación moi importante para Xermade, porque conseguimos a mellora da accesibilidade a recursos municipais básicos”, valorou o mandatario provincial, que enmarcou este acordo no compromiso de colaboración da institución cos concellos para que poidan ofrecer máis e mellores servizos á veciñanza. O proxecto contemplou a renovación das beirarrúas de dúas arterias fundamentais para Xermade: as da Avenida das Pontes e da Avenida Vilalba, conectadas entre si e que dan acceso dende a Casa Consistorial á Biblioteca Municipal, a un parque infantil, ao polideportivo, ao CEIP da localidade, ao Centro de Saúde ou ao cuartel da Garda Civil.
García Pernas explicou que as plataformas estaban “en moi mal estado” e que son moi empregadas pola veciñanza, polo que “con esta actuación melloramos a comodidade e a seguridade de todas e todos”. Detallou ademais que grazas a estas obras soterráronse os cables do alumeado público e renováronse as tubaxes da traída municipal.
Senda peonil
Este acordo entre a Deputación e o Concello permitiu ademais a construción dunha senda peonil, paralela á estrada provincial LU-P-2205 que conecta Xermade con Porto Souto, que dá continuidade á beirarrúa existente, mellorando a seguridade dos veciños e das veciñas do municipio. O novo sendeiro ten un ancho de 1,80 metros e conta cunha rede de pluviais para recoller a auga das chuvias.



























Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



