A Mariña, 2 de xuño, 2026. O rural galego é moito máis que unha paisaxe: é historia, memoria, patrimonio, tradición, natureza e identidade. Pero tamén é innovación, creatividade e novas formas de vivir o territorio. Con esa filosofía naceu XOGAL, e con ese mesmo espírito regresa agora cunha segunda edición que amplía horizontes e reafirma a súa aposta polo xogo como ferramenta de dinamización cultural e turística.
Os Grupos de Desenvolvemento Rural Terra Chá, Terras de Miranda, Montes e Vales Orientais e Miño Ulla presentaron esta mañá en Meira a nova edición do proxecto, desenvolvido en colaboración con Escapeo, empresa galega especializada en experiencias de escape room ao aire libre e turismo gamificado.
Un territorio convertido en xogo
XOGAL parte dunha idea sinxela e poderosa: converter o territorio nun gran taboleiro de xogo. A través de aventuras inmersivas deseñadas para cada localidade, as persoas participantes descobren a historia, as lendas, o patrimonio e a natureza de cada concello mentres resolven enigmas e superan retos.
Tras o éxito da primeira edición, o proxecto regresa en 2026 cunha nova selección de destinos e temáticas, mantendo o seu obxectivo principal: fomentar o coñecemento e a valorización do rural galego a través do xogo e da participación cidadá.
Dez experiencias para descubrir o rural dun xeito diferente
A edición de 2026 desenvolverase entre xuño e setembro e chegará a dez concellos dos catro GDR participantes. Cada aventura foi creada especificamente para o territorio que a acolle.
As experiencias de XOGAL 2026
13 de xuño | Cervo (11:00h)
O Legado de Sargadelos
Un percorrido cheo de enigmas para descubrir a historia, o legado industrial e os segredos dun dos proxectos máis emblemáticos da ilustración galega.
20 de xuño | Lourenzá (11:00h)
O Conde Santo
Unha aventura inspirada na figura histórica do Conde Santo e no patrimonio relixioso e cultural da vila.
26 de xuño | Guitiriz (19:30h)
Entre a Auga e o Lume
Lendas, tradicións e misterios únense nunha experiencia ambientada na noite máis máxica do ano.
27 de xuño | Negueira de Muñiz (17:00h)
O Tesouro Maldito de Truchino
Unha procura chea de desafíos inspirada nas lendas e historias populares da montaña lucense.
1 de xullo | Monterroso (11:00h)
A Feira de Monterroso
Unha experiencia que pon en valor unha das feiras máis coñecidas de Galicia a través de probas e desafíos vinculados á súa historia.
04 de xullo | Meira (11:00h)
A Procura das Reliquias do Císter
Un reto ambientado no entorno do histórico mosteiro de Meira, onde as pistas do pasado conducirán ás persoas participantes cara a un antigo segredo.
11 de xullo | A Fonsagrada (11:00h)
A verdadeira auga da Fonsagrada
Un percorrido polos recunchos, lendas e segredos dun dos concellos máis singulares do interior galego.
26 de xullo | Castro de Rei (11:00h)
Castro de Rei e o polbo de ouro
Unha proposta que recupera a memoria e a importancia das feiras tradicionais como espazos de encontro, intercambio e vida comunitaria.
06 de agosto | Taboada (19:00h)
Pedras con Historia
Patrimonio, natureza e historia únense nunha aventura inspirada na riqueza cultural da Ribeira Sacra.
19 de setembro | Foz (11:00h)
Murais con Historia
Un percorrido entre arte urbana, memoria colectiva e patrimonio local a través dos murais que transforman a vila.
Turismo experiencial para fortalecer o territorio
XOGAL aposta por un modelo de turismo innovador, baseado en experiencias inmersivas e participativas. O proxecto: achega o patrimonio dun xeito lúdico e memorable; reforza o sentimento de pertenza da poboación local; pon en valor elementos identitarios que forman parte da memoria colectiva; responde á demanda crecente de experiencias auténticas e personalizadas
Actividades gratuítas e abertas a todos os públicos
Todas as experiencias serán gratuítas e abertas á cidadanía e ás persoas visitantes. Só é preciso inscribirse previamente e acudir ao punto de encontro cun móbil con conexión a internet.
As propostas están pensadas para públicos diversos, fomentando a participación familiar, de grupos de amizades, asociacións e visitantes interesados en descubrir o territorio dun xeito diferente.
Premios, sorteos e experiencias abertas durante un mes
Cada actividade incluirá: premios para os equipos máis rápidos. Sorteos entre todas as persoas participantes. Aperitivo de benvida para favorecer o encontro e a convivencia.
Ademais, todas as experiencias permanecerán activas durante un mes despois da súa estrea, permitindo realizalas ao propio ritmo e ampliando o impacto turístico e cultural.
Unha experiencia dixital, accesible e sen descargas
As aventuras desenvólvense directamente desde o navegador do móbil, sen necesidade de instalar aplicacións. A organización recomenda levar batería suficiente, conexión a internet e calzado cómodo. As actividades están recomendadas para maiores de 12 anos; os menores deberán ir acompañados.





















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.



