Ribadeo, 11 de outubro de 2025. Esta fin de semana celebrouse Ribadeo en Rede, “un punto de encontro arredor das oportunidades que nos unen”, explican desde o Concello.
O alcalde, Dani Vega, participou o sábado na mesa inaugural xunto a Pablo Fernández (Secretaría Xeral de Emprego da Xunta), Vidal Martínez-Sierra (GDR Terras de Miranda), Rosa Ana González Vizoso (GALP A Mariña-Ortegal) e Manuel Valín (CFEA Pedro Murias), nun coloquio moderado por Lucas Requeijo de Prato_DO.
Houbo tamén un espazo para as voces do territorio, centrado no mar, na gandaría e na horta. E un showcooking a cargo da Asociación de Cociñeiros de Lugo, que puxeron en valor os produtos locais.
Pola tarde tivo lugar un obradoiro familiar impartido por Dani Prieto, na Confraría de Pescadores de Ribadeo.
O rexedor destacou “a labor que desenvolven as entidades e as persoas que traballan cada día pola nosa comarca”.
Ribadeo en Rede seguiu o domingo, coincidindo coa clausura do Mercado dos Domingos. Na Praza de Abastos houbo un obradoiro de prensado de mazá, a cargo de Ribeiregas; un novo showcooking da Asociación de Cociñeiros de Lugo, que combinou a faba de Lourenzá co mar; e un concerto de Iria Estévez & Gonzo Piña “Atlántica”.























O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



