Site icon Crónica3.com A Mariña

Chegan as vacacións ao programa ActivaMENTE, tras un curso de éxito no Concello de Alfoz

Alfoz, 21 de xuño do 2025. Coincidindo coa chegada do verán as persoas maiores participantes no programa ActivaMENTE do Concello de Alfoz comezan a gozar dunhas máis que merecidas vacacións.

Esta edición foi unha das que contou con maior participación, xa que ao longo do curso (que se estende de outubro a xuño) participaron 44 maiores, éxito que sen dúbida depende do entusiasmo e ilusión coa que acollen cada unha das actividades semanais que se programan, así como da boa harmonía, amabilidade e cariño que hai entre os/as participantes.

Durante a clausura realizouse un obradoiro de musicoterapia impartido por María Fuente García, licenciada en Historia e Ciencias da Música, no que non só rememoraron as cancións da súa xuventude senón que tamén improvisaron pezas antigas da súa infancia así como sinxelas coreografías.

Agora toca descansar e recargar enerxía para reencontrarse en outubro con novas ilusións e propostas que agardamos continúen cumprindo coas súas expectativas.

Exit mobile version